14 de marzo de 2019
Actividades lúdicas nos centros cívicos municipais
Recuncho do Xogo vai dirixido a nenas e nenos nados entre o 01/01/2007 e o 31/12/2015. Preinscricións os días 22,23 e 25 de marzo no horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00. As actividades serán o 15, 16 e 17 de abril.
As próximas vacacións escolares, nos centros cívicos municipais, ofértanse un total de 460 prazas, 10 das cales serán para menores con necesidades educativas especiais (NEE) en grao que lles permita interactuar co grupo. Estes menores contarán con persoal de apoio pedagóxico e didáctico, que facilitará a realización das actividades programadas, contribuíndo á mellora das capacidades dos nenos e nenas con NEE. Este persoal de apoio non asumirá tarefas hixiénico sanitarias.
Datas de realización das actividades : 15, 16 e 17 de abril de 2019
Relación de centros cívicos nos que se desenvolverá o Recuncho do Xogo:
Horarios:
O horario xeral desta actividade será de 10:00 a 13:30 h
Nos centros sinalados cun asterisco (*), existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9:00 a 14:00 h
Custo da actividade:
-Horario xeral: 7.00€ por participante
-Horario ampliado: 11.00€ por participante
Preinscrición: 22,23 e 25 de marzo no horario de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h
Sorteo público: 25 de marzo ás 20:15h
Publicación das listaxes de admisións e listaxe de agarda: 5 de abril
Inscrición: 8,9 e 10 de abril no horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00h.
ATENCIÓN: O HORARIO AMPLIADO DESTA ACTIVIDADE SERÁ DE 9:00 A 14:30 HORAS, NON DE 9:00 A 14:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible