Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2024

O prazo de inscrición abrirá desde hoxe e ata o 19 de xuño e as bases pódense consultar na páxina web do Concello

A Coruña reforzará a súa oferta gastronómica este verán coas xornadas ‘A Coruña, que bonito!’

As xornadas realizaranse do 16 de xullo ao 18 de agosto e poderá participar calquera restaurante da cidade

A oferta gastronómica da Coruña para este verán verase reforzada coa realización das xornadas 'A Coruña, que bonito!', que se desenvolverán na cidade entre o 16 de xullo e o 18 de agosto. O Concello da Coruña organiza esta iniciativa con tres claros obxectivos: poñer en valor a excepcional calidade dun produto do mar como é o bonito, potenciar a competitividade do turismo gastronómico na cidade desenvolvendo actividades de calidade baseadas na identidade do territorio e a súa tradición culinaria e apoiar o sector da restauración. A iniciativa forma parte das medidas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para impulsar eventos gastronómicos que contribúan a potenciar o turismo e achegarlle novas ofertas á cidadanía.

A participación está aberta a calquera restaurante da cidade, aínda que se limitará o número de participantes a 30. Os locais que opten por formar parte destas xornadas deberán incluír na súa carta un menú, prato ou oferta gastronómica na que o bonito da Lonxa da Coruña sexa o protagonista. Poderanse presentar ata un máximo de 3 propostas diferentes.

As inscricións pódense formalizar dende hoxe ata o 19 de xuño ás 14.00 horas. A participación é gratuíta e as bases pódense consultar na páxina web do Concello.

A gastronomía local é un dos piares fundamentais do turismo na cidade. A excelente calidade dos produtos e a variada oferta gastronómica son un dos principais motivos polos que A Coruña é un referente na cociña atlántica en España e Europa. Restaurantes con Estrela Michelín e varios Sol Repsol, locais de tapas e viños, tabernas típicas... A forte oferta hostaleira da cidade reforza que A Coruña sexa un reclamo turístico para todas aquelas persoas amantes da boa gastronomía. Unha gastronomía moi local que se presenta ao mundo como parte da cultura de vivir da cidadanía coruñesa.

Documentos:

Bases das xornadas 'A Coruña, que bonito!' (744 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión