2 de xaneiro de 2024
O prazo de solicitude será do 4 ao 12 de xaneiro, ambos incluídos.
O Concello de Coruña abre convocatoria para solicitar praza nas escolas infantís, cun total de 52 prazas vacantes. A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2023-2024, publicadas no BOP nº 55 do 21 de marzo de 2023 e na resolución publicada no BOP nº 121 de 27 de xuño de 2023.
O prazo de solicitude será desde o 4 de xaneiro ata o 12 de xaneiro, ambas as datas incluídas.
As listaxes definitivas publicaranse o 25 de xaneiro.
As solicitudes que resulten adxudicatarias de praza poderán formalizar a matrícula os días 29 e 30 de xaneiro.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores débese presentar, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
Documentos relacionados
18 de maio de 2024
16 de maio de 2024
16 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible