Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2023

Nomeado o xurado do concurso de ideas para a reforma do mercado de Santa Lucía

As persoas integrantes reuniranse por primeira vez este venres, para valorar os 14 proxectos presentados ao concurso

Este mércores, 26 de abril, a Xunta de Goberno Local nomeou ao xurado que se encargará de determinar a persoa gañadora do concurso de ideas convocado ao abeiro do proxecto para a posta en marcha do mercado e centro de saúde de Santa Lucía.

Son oito as persoas que compoñen o xurado, que se reunirá por primeira vez este venres, para valorar os 14 proxectos presentados ao concurso.

As e os integrantes do xurado son os seguintes: 

  • Presidente: Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda Infraestruturas e Mobilidade no Concello da Coruña.
  • Vogais:
    • Roberto Costas Pérez, presidente da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
    • María Sonia Vázquez Díaz, profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
    • Beatriz Moar Ulloa, xefa do servizo de Edificación do Concello da Coruña.
    • Alberto Manuel Vázquez Aguilar, xefe do servizo de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña.
    • Alicia Resille Martínez, arquitecta do servizo de Proxectos de Edificación da Axencia Galega de Infraestruturas.
    • Jesús Álvarez Flórez, subdirector xeral de Investimentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas.
  • Secretario: Antonio Alfeirán Rodríguez, director da área de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión