Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de clasificación da EOI: xuño 2024

A Escola Oficial de Idiomas anuncia a convocatoria de xuño das probas de clasificación para o acceso a estudos oficiais de idiomas no curso 2024-2025. A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos. Consiste nunha proba que diagnostica o nivel de idioma e dá acceso a un curso determinado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 31/05/2024 ata o 07/06/2024

ata as 14.00 h.

Prezo:

taxa de inscrición: 17 € por idioma

Requisitos:

  • Para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOI:
    • - ter 16 anos antes e rematar o ano en curso se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
    • - ter 14 anos antes e rematar o ano en curso se o idioma é diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
  • Poderán facer a proba de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial e semipresencial.
  • Non poderá facer a proba o alumnado matriculado na modalidade oficial na EOI nos dous últimos cursos (2022-23 e 2023-24)
  • A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos de EOI na modalidade oficial.
  • A proba de clasificación non outorga automáticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas nas EOI mediante o procedemento de preinscrición.
  • A proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna

Contacto:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

R/ Educación, 1 (15011 - A Coruña)

Tel.: 981 279 100 / 608 157 057 - 981 279 009 (Secretaría)

correo-e: eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal / eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal

Idiomas:

  • Alemán 
  • Árabe
  • Chinés
  • Español para estranxeiros
  • Francés
  • Galego 
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Ruso
  • Xaponés

Datas das probas: entre o 12 e o 27 de xuño de 2024 (*consultar data e horario de cada idioma en www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna)

Prazo e lugar de inscrición: do 31 de maio ao 7 de xuño ata as 14.00 h. enviando por correo-e a eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal (poñer no asunto: proba de clasificación) a seguinte documentación:

  • formulario de inscrición debidamente cumprimentado
  • copia do documento de identidade
  • resgardo do pago da taxa

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión