Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de formación para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea

4 bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de formación profesional de grao superior, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 17/06/2024

Duración:

O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once meses.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
  • Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
  • Posuír o título académico necesario para a modalidade a que se presenta a persoa beneficiaria:
    • Bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega: grao, licenciatura, enxeñeiría ou equivalente.
    • Bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos: grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
    • Bolsas para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo: título de TS de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).
  • Os estudos deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
  • Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

Remuneración / Custo:

Importe bruto das bolsas: 16.500,00 euros a cada persoa bolseira. Axuda de desprazamento para gastos de viaxe e seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica. 

Páxina web:

www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Contacto:

Fundación Galicia Europa

Rúa do Hórreo 61. Santiago de Compostela

Enderezo electrónico: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Teléfono: 981 54 10 12

Rue de la Loi/Wetstraat, 38, 2°, bte. 2. Bruxelas

Enderezo electrónico: bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Teléfono +32 (0) 27 35 54 40

Dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral, teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou correo electrónico 012@xunta.es

Publicación: 

DOG 23/04/2024 (Bases reguladoras)

DOG 16/05/2024 (Convocatoria)

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR770N

Modalidades de bolsas:

  • 2 bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
  • 1 bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
  • 1 bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión