15 prazas do Corpo Superior de Interventores e Auditores da Administración da Seguridade Social | - Doutoramento, Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura ou Grao.
- Só poderán participar as persoas de nacionalidade española.
|
Data: Data de inscrición Ata o 21/06/2024 | | Contacto:Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Inspección de Servizos Paseo da Castelá, 63. 28071 Madrid Correo electrónico: procesosselectivos@inclusion.gob.es Publicación: BOE 24/05/2024 |
50 prazas do Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, especialidade de Auditoría e Contabilidade | - Enxeñería Técnica, Diplomatura Universitaria, Arquitectura Técnica ou Grao. Así mesmo, a estes efectos, considerarase equivalente ao título de Diplomado Universitario o superar tres cursos completos de Licenciatura.
|
Data: Data de inscrición Ata o 21/06/2024 | | Contacto:Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Inspección de Servizos Paseo da Castelá, número 63, 28071 Madrid Correo electrónico: procesosselectivos@inclusion.gob.es Publicación: BOE 24/05/2024 |
8 prazas para Farmacéuticos/as Hospitalarios/as e 6 para Farmacéuticos/as na Secretaría Xeral de Institucións Penais | - Ter a nacionalidade española, dos estados membros da Unión Europea, persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ou outras persoas estranxeiras con residencia legal en España.
- Ter cumpridos dezaseis anos, e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación.
- Título de licenciatura ou grao en Farmacia e a especialidade en Farmacia Hospitalaria, no caso das prazas que así o requiran.
|
Data: Data de inscrición Ata o 11/06/2024 | | Contacto:Secretaría Xeral de Institucións Penais Rúa Alcalá, n.º 38, planta terceira, 28014 Madrid Teléfono 91 335 48 45 Correo electrónico sgsp@dgip.mir.es Publicación: BOE 14/05/2024 |
Bolsa de traballo de persoal da brigada municipal de obras e servizos do Concello da Pobra |
- Ter feitos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
- Nacionalidade española ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais, realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
- Coñecemento do galego: Celga 2 ou equivalente.
- Electricista: estar en posesión dalgún dos seguintes cursos ou titulacións: grao medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas ou equivalente, grao superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados ou equivalente, curso de Instalador/a Electricista ou certificado de cualificación profesional.
- Condutor/a: carné de conducir da clase C1, C mailo E.
|
Data: Data de inscrición Ata o 06/06/2024 | | Contacto:Concello da Pobra do Caramiñal
Rúa Gasset, 28, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Tel. 981 84 32 80
Publicación: BOP 15/05/2024
|
Técnico ou Técnica de planificación social para o Concello de Arteixo |
- Nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non haber alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.
- Titulación grao universitario ou titulación equivalente habilitante para o desenvolvemento das funcións propias do posto.
- Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega Celga 4, equivalente ou superior. As persoas aspirantes que non a acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega.
|
Data: Data de inscrición Ata o 04/06/2024 | | Contacto:Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo (A Coruña)
Teléfono: 981 60 00 09
Publicación: BOP 15/05/2024
|
Técnica ou técnico de Museos no Concello de Ponteceso |
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
- Nacionalidade española ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais, realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
- Título universitario relacionado co ámbito da xestión de museos: Grao en Historia, Historia da arte, Humanidades, Belas Artes, similares ou equivalentes.
|
Data: Data de inscrición Ata o 12/06/2024 | | Contacto:Concello de Ponteceso
Rúa Concello, 18. 15110 Ponteceso (A Coruña)
Tlf. 981 714 000
Publicación: BOP 14/05/2024
|
40 prazas do Corpo de Enxeñeiros Técnicos do SOIVRE | - Título de Diplomatura Universitaria, Enxeñería Técnica, Arquitectura Técnica ou Grao.
|
Data: Data de inscrición Ata o 04/06/2024 | | Contacto:Ministerio de Economía, Comercio e Empresa. Subdirección Xeral de Recursos Humanos Paseo da Castelá, 162, Madrid Teléfonos 91 603 74 27, 91 603 74 84 Publicación: BOE 06/05/2024 BOE 14/05/2024 (corrección de erros) |
Prazas de Axudantes de Laboratorio, Facultativos e Técnicos Especialistas do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses |
- Ter a nacionalidade española.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non alcanzar a idade legal de xubilación forzosa.
- Corpo Especial de Axudantes de Laboratorio: título de Técnico en Formación Profesional das familias profesionais de Química e Sanidade ou equivalentes.
- Corpo Especial de Facultativos. Especialidades:
- Química e Drogas: licenciatura ou grao en Química, en Farmacia ou en Ciencias Físicas.
- Bioloxía: licenciatura ou grao en Bioloxía, en Farmacia, en Veterinaria, en Medicina, en Bioquímica, en Ciencias Biomédicas, en Xenética ou en Biotecnoloxía.
- Criminalística: licenciatura ou grao en Bioloxía, en Farmacia, en Medicina, en Química ou en Ciencias Experimentais.
- Histopatoloxía: licenciatura ou grao en Medicina.
- Valoración Toxicolóxica e Medio Ambiente: licenciatura ou grao en Ciencias Ambientais, en Bioloxía, en Farmacia, en Química, en Medicina, en Ciencias Ambientais, en Ciencias Experimentais ou en Xeoloxía.
- Información Toxicolóxica: licenciado ou grao en Medicina.
- Corpo Especial de Técnicos Especialistas: título de Técnico Superior en Formación Profesional, das familias profesionais de Química e Sanidade ou equivalentes.
|
Data: Data de inscrición Ata o 12/06/2024 | | Contacto:Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Secretaría de Estado de Xustiza
Rúa San Bernardo, n.º 21, 28071 Madrid
Teléfonos: 902 007 214 e 918 372 295
Publicación:
Corpo Especial de Axudantes de Laboratorio BOE 14/05/2024
Corpo Especial de Facultativos BOE 14/05/2024
Corpo Especial de Técnicos Especialistas BOE 14/05/2024
|
Praza de técnica ou técnico de xestión do Concello de Betanzos |
- Nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
- Título universitario de Grao. Especialidade: Dereito, Ciencias Politicas, Económicas ou Empresariais, Intendente Mercantil ou Actuario.
|
Data: Data de inscrición Ata o 13/06/2024 | | Contacto:Concello de Betanzos
Edificio Liceo, Praza Galicia, 1. 15300 Betanzos (A Coruña)
Tel. 981 770 011
Publicación:
BOP 19/04/2024
BOE 15/05/2024
|
5 prazas de Administrativo ou Administrativa do Concello de Arteixo |
- Nacionalidade española ou nacionais dun estado membro da Unión Europea, ou do Espazo Económico Europeo, nos termos previstos e cos requisitos establecidos para os diferentes supostos no artigo 57 do TRLEBEP e no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
- Titulación de Bacharelato, Técnico FP ou titulación equivalente
- Para participar na quenda restrinxida ao colectivo con diversidade funcional/discapacidade, as persoas aspirantes deberán acreditar un grao de discapacidade do 33% ou superior.
|
Data: Data de inscrición Ata o 04/06/2024 | | Contacto:Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico, 1. 15142 Arteixo (A Coruña)
Teléfono: 981 60 00 09
Publicación:
BOP 02/04/2024
BOP 02/05/2024 (Emenda das bases)
BOE 15/05/2024
|
1 técnica/ou analista de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación | - Titulación mínima esixida: estar en posesión, ou abonar os dereitos para a súa expedición, do título oficial de Formación Profesional da familia de Química: Técnico/a Superior en Laboratorio de Análise e de Control de Calidade ou titulación equivalente. Corresponderá á persoa solicitante a achega da credencial que acredite a equivalencia, homologación ou convalidación no seu caso. As persoas con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación en España da súa titulación
- Posuír experiencia profesional mínima demostrable de 1 ano realizando análise de augas de consumo e/ou residuais, empregando técnicas instrumentais, técnicas de análises fisicoquímicos e técnicas de análises microbiológicos.
- Estar en posesión do carné de conducir da clase B ou homologado en vigor. Imprescindible para o desempeño do posto de traballo.
|
Data: Data de inscrición Ata o 19/04/2024 | | Contacto:Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.L. (Emalcsa) Tel.: 981 24 23 2 Publicación: BOP 04/04/2024 |
1 técnica/ou de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación | - Titulación mínima esixida: estar en posesión, ou abonar os dereitos para a súa expedición, dalgunha das titulacións universitarias oficiais de Grao en Química, Bioloxía, Bioquímica, Farmacia, Enxeñería Química, Ciencias Ambientais ou Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou titulación equivalente. Corresponderá á persoa solicitante a achega da credencial que acredite a equivalencia, homologación ou convalidación no seu caso. As persoas con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación en España da súa titulación.
- Posuír experiencia profesional mínima demostrable de 3 anos exercendo como graduado/a universitario/a realizando análise e control de calidade da auga en laboratorio conforme á súa titulación e empregando polo menos una das seguintes técnicas de análise instrumental: cromatografía líquida ou de gases e/ou espectroscopía de ICP.
- Estar en posesión do carné de conducir da clase B ou homologado en vigor. Imprescindible para o desempeño do posto de traballo.
|
Data: Data de inscrición Ata o 19/04/2024 | | Contacto:Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.L. (Emalcsa) Tel.: 981 24 23 2 Publicación: BOP 04/04/2024 |