Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2024

Un milleiro de nenos e nenas reivindican o uso do galego na XXIV edición do Correlingua

O concelleiro Gonzalo Castro participou no acto que tivo lugar na contorna da Torre de Hércules

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, e responsable da área de Cultura, Gonzalo Castro, participou esta mañá na celebración da XXIV edición do Correlingua, que se desenvolveu entre a explanada do Palacio dos Deportes e a contorna da Torre de Hércules. O obxectivo desta xornada é o fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, algo que se estende ao resto do ano con diferentes iniciativas levadas a cabo nos centros de ensino.

"Hoxe estamos todos aquí por un obxectivo común: amosar o noso compromiso pola lingua galega, un patrimonio de valor incalculable e que debemos coidar con agarimo desde que somos pequenos", sinalou Castro, que puxo en valor o fomento que fai o Goberno de Inés Rey do galego a través de diferentes iniciativas e medidas, como a aprobación dunha ordenanza que regula o seu uso no eido institucional.

Na xornada participaron preto dun milleiro de alumnos e alumnas de 17 centros de toda a comarca da Coruña, procedentes dos concellos de Arteixo, A Laracha, Cambre, Bergondo, Cabana de Bergantiños, Carral, Cerceda e Oleiros, ademais da propia cidade. O XXIV Correlingua leva por lema 'Dende aquí até acolá, galego xa!' e conta cun cartel realizado pola ilustradora Xulia Pisón.

As persoas participantes percorreron a pe o paseo marítimo, entre a explanada do Palacio dos Deportes e a Torre de Hércules, onde se instalou un escenario no que se desenvolveron actuacións para todas as idades e se entregaron distintos premios.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión