Cita previa
O servizo de cita previa permítelle concertar unha cita para realizar consultas ou trámites administrativos. Co obxecto de xestionar adecuadamente o fluxo de visitantes aos edificios, establécese con carácter excepcional e temporal a atención presencial ao público exclusivamente á cidadanía que concertase previamente cita. Antes de solicitar a súa cita, consulte os servizos municipais e xestións administrativas para os que se pode solicitar.
Tributos (A Franxa)
Para asuntos relacionados con xestión tributaria (autoliquidaciones, pago de recibos,...), Punto de Información Catastral ou outros.
Rexistro xeral de documentos e outras xestións de carácter xeral (Oficinas de Atención Cidadá)
Para asuntos de carácter xeral relacionados co Rexistro Xeral de documentos nas oficinas de María Pita , Franxa, Fórum e Ágora
Servizos Sociais
Se vostede non ten profesional de referencia e necesita unha información e orientación sobre recursos de atención a persoas maiores e/ou dependentes, solicite cita previa co servizo de atención a maiores, dependencia e discapacidade.
Se a súa consulta é sobre outros recursos e prestacións de servizos sociais e/ou doutros sistemas de protección social, pode solicitar cita en calquera dos equipos de atención social.
Esta primeira atención será telefónica (de luns a venres, excepto mércores e festivos).
Se o sistema non lle ofrece hora, por favor, ténteo de novo pasadas unhas horas (liberaranse citas por cancelación)
Mobilidade
Para xestións relacionadas co Cartón Millenium
Urbanismo
Para presentación de documentación relacionada coa tramitación de licenzas, autorizacións pode solicitar cita previa.
Para información xeral de urbanismo ou información técnica de licenzas, non se deberá solicitar cita previa, podendo solicitar esta información de forma en liña. Consulte o detalle na seguinte ligazón
Cita previa e solicitude de información de Urbanismo
Vivenda e Rehabilitación
Para a presentación de documentación relacionada cos procedementos de Vivenda e Rehabilitación na Oficina Municipal de Rehabilitación
Deportes
Para a solicitude de instalación deportiva, subvencións e convenios, ou solicitudes xenéricas de deportes
Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)
Para trámites relacioandos con información ao consumidor ou reclamacións
Medio ambiente
Para trámites relacionados co medio ambiente
Empresas (Asesoramento) e Emprego
Para consultas e asesoramento de prestacións e axudas a empresas e comercio (PRESCO) ou para reserva de salas dos viveiros municipais
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible