29 de abril de 2024
O procedemento repetirase no mes de xuño, co obxectivo de salvagardar as palmeiras durante o verán, período de máis actividade do picudo vermello
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas e o carreiro da Estacada
O Concello da Coruña activou este luns o novo protocolo de actuación para limitar o impacto do picudo vermello nos palmeirais da cidade, unha iniciativa coa que o Goberno municipal busca salvagardar os exemplares existentes fronte ás pragas deste insecto, unha especie invasora orixinaria da Asia tropical.
O tratamento que comezou a aplicarse hoxe, de carácter preventivo, levarase a cabo, nesta primeira quenda, nun total de 85 palmeiras, repartidas entre os xardíns de Méndez Núñez (70), a contorna das rúas Santa Lucía e Cabana (8), o cemiterio de Santo Amaro (4), As Atochas (2) e tamén no exemplar situado no acceso ao carreiro da Estacada.
O plan de traballo establecido polo Concello establece que estas 85 palmeiras recibirán un tratamento fitosanitario con acetamiprid, con dúas liñas de acción: a primeira, a inxección do líquido no tronco das palmeiras, a aproximadamente dous metros por debaixo da balona; e a segunda, xa dentro de 15 días, cunha 'ducha' non presurizada de acetamiprid sobre o ollo das palmeiras, unha medida clave á hora de acometer a súa protección, por ser o corazón da planta.
Este procedemento repetirase novamente ao comezo da tempada estival, no mes de xuño, co obxectivo de protexer as palmeiras ao longo do verán, o período no que máis se incrementa a actividade do picudo vermello.
O Concello leva tratando as palmeiras da cidade desde o ano 2017, cando se detectou a presenza do picudo por primeira vez. A plaga está a afectar a palmeiras de toda España e é preciso tratalos para evitar a súa transmisión. Asemade, o Concello insta aos particulares con palmeiras afectadas a actuar de xeito inmediato, ben con tratamentos, ben procedendo á súa tala, únicos métodos para evitar a propagación do picudo.
O tratamento do acetamiprid aplicarase agora por primeira vez na Coruña, na busca de contar cun fitosanitario máis efectivo que os que se viñan aplicando ata o momento. Ten carácter preventivo e serve tamén para eliminar os insectos cando xa están presentes nas palmeiras.
15 de noviembre de 2023
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible