7 de enero de 2024
O prazo de inscrición nas actividades, que se desenvolverán entre febreiro e xuño, abre o vindeiro mércores 10 de xaneiro
Ambos os dous espazos contarán con obradoiros de debuxo, fotografía, cociña, cine, astronomía ou literatura así como de envellecemento activo
O Concello da Coruña prepárase para a nova estación cunha nova edición dos programas de Lecer de Primavera no Ágora e Fórum, con máis de 120 actividades dispoñibles entre ambos os espazos. A programación das actividades enmárcase na estratexia do Goberno de Inés Rey para a dinamización dos recintos sociais e culturais da cidade, ofertando alternativas de lecer para todos os gustos e grupos de idade.
No Fórum Metropolitano levaranse a cabo un total de 58 obradoiros entre os meses de xaneiro e xuño. Entre eles destacan, como novidade, dous novos obradoiros de cinema, dirixidos por Alejandro Ramos. "A viaxe no cine" e "Directoras anglosaxonas: unha historia alternativa do cine moderno" completarán a nómina de actividades sobre cinema incluídas no programa, con outras tres propostas de diferente temática. Tamén se inclúe nesta programación un novo obradoiro de xadrez, "Pensando polo mundo", dirixido por Eduardo Dopico.
Estes novos obradoiros inclúense tamén na oferta do Centro Ágora, que conta cun total de 63 actividades na programación de lecer de primavera para este 2024. A elas súmase o obradoiro de mindfulness "Alquimia de vida", dirixido por Silvia Gisella Garabote, así como o obradoiro de fotografía "Cámara en man", cun novo grupo de iniciación a cargo de Mero Barral. Ademais, ambos os dous programas contan cun monográfico sobre Luísa Villalta, da man do colectivo A Sega, co que as persoas participantes poderán coñecer a Coruña da escritora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas 2024.
O prazo de inscrición nas actividades, que se desenvolverán entre febreiro e xuño, abre o vindeiro mércores 10 de xaneiro e as prazas adxudicadas publicaranse o 17 de xaneiro na web de Cultura. Toda a información está dispoñible aquí: https://www.coruna.gal/cultura.
31 de octubre de 2024
31 de octubre de 2024
30 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible