As Bibliotecas Municipais poñemos en marcha unha campaña durante este verán destinada a todas as idades.
En Verás que verán atoparás accións e actividades onde os protagonistas son os libros, a música, as películas... e a lectura.
As bibliotecarias contan no verán
Damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os/as máis pequenos e pequenas da casa. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.
Tedes unha cita todos os vernes de xuño, xullo e agosto ás 11:00 horas no Instragram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna.
Recomendamos lecturas: Guía de lectura
Durante este verán o persoal bibliotecario seguimos facendo un dos traballos que máis nos gusta: recomendar lecturas. Por iso elaboramos unha guía de lectura con recomendacións de libros para todas as idades de infantil e xuvenil que de seguro contribuirán a poder viaxar coa imaxinación no espazo e no tempo, rir a gargalladas ou estremecervos de medo, lembrar outras épocas ou mesmo aguzar o enxeño ante un misterio.
Ademáis, na Biblioteca Ágora elaboraron a guía Lecturas refrescantes, que recolle unha selección do máis fresco incorporado á biblioteca.
Mostras bibliográficas:
Dáte ao lote e verás que verán:
Preparamos unha selección de lotes de materias para levar en préstamo. Estes lotes están categorizados por tramos de idade e por temática. Podes tramitar a solicitude do lote de material dende o formulario dispoñible na nosa páxina web ou chamando á biblioteca máis próxima. E coma sempre, tamén intentaremos dar resposta ás necesidades particulares.
Lemos para ti:
Durante os meses de verán lemos para tí e acompañámoste a través da voz no noso podcast.
Guía de lectura recomendacións para o verán
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible