Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ocean Film Festival: O mellor cinema para os amantes do mar
Déixate cativar por estes relatos que trae por primeira vez a España Mar de Mares. O recoñecido festival australiano de cinema mariño, Ocean Film Festival, presenta en Coruña as mellores películas realizadas no mar, debaixo da auga e na superficie; oito emotivas historias de aventura, paixón, superación e compromiso co medio ambiente mariño.
O acto contará cunha breve presentación e un descanso de dez minutos. Proxectaranse as películas:
A peace within, de Kerry Fraser (6 min). Philip Gray, un artista que busca lugares extremos nos que inspirarse, mergúllase nas augas dos cenotes mexicanos para pintar novos cadros.
I am fragile, de Florian Ledoux (3 min). Esta curtametraxe rodada nas paisaxes salvaxes do Ártico convértese nunha conmovedora mensaxe visual, unha oda á xeada paisaxe do norte.
Adventure is calling, de Lee Burghard (4 min). Que paixón incontida move as persoas mergulladoras a mergullarse unha e outra vez no océano?
Emocean, de Torry Harrington (23 min). Unha carta de amor escrita por surfistas, pescadores, científicos e amantes do mar que falan das súas relación de amor, aventura, perda e inspiración co océano.
Manry at sea, de Steve Wystrach (3 min) En 1967, Robert Manry, urbanita de Ohio nada dado á aventura, embarcouse nun pequeno veleiro para cruzar o Atlántico en solitario. A súa épica viaxe de 78 días atrapará a soñadores, amantes do océano e aventureiros.
Southern White Whale (20 min). Unha viaxe de acompañamento á Gran Balea do Sur pola Patagonia convértese nunha oda á natureza salvaxe.
Surface, de Ben Thouard (6 min). O gran fotógrafo do surf, Ben Thouard, trata de entender que é o que o impulsa a pasar tanto tempo debaixo da auga en busca da "foto" perfecta.
Sufrir Dan, de Tim Kemple (8 min) Cres que o surf é só mar e sol? Dan Schetter vive ao bordo do Lago Superior, de Michigan con longos invernos baixo cero e xélidos ventos que aproveita para surfear nas xeadas augas do Lago.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible