Espectáculo que se inclúe dentro do Festival de Monicreques María José Jove Nadal 2013.
30/12/2013, de 00:01 a 17:01
Xa rematou
17.00 h.
50 min
3 € (abono 3 familiar, 6 €).
Fábula galénica está interpretada con monicreques de luva, dentro dunha preciosa radio antiga que serve como escenografía dunha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares.
Narrado como se dun programa radiofónico se tratase, cóntase cómo nunha comarca os veciños ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo, ao decidir construír un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizarse na súa loita contra o Rei para recuperar a vida do bosque e a do seu contorno.
Público: + 6 anos.
Fantoches Baj.
Función: 17 h.
Entradas: 3 € (abono 3 familiar, 6 €).
VENDA DE ENTRADAS
Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho da Fundación María José Jove: día do espectáculo dende 1 h antes.
Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible