Unha excursión visual e sonora para aqueles que refugan o agasallo e xogan coa caixa. Unha viaxe a un lugar sen reloxos, sen imposibles nin normas. Música en vivo con latas desafinadas e guitarra de xoguete. Cor e calor a partes iguais.
Dirixida a público familiar a partir de 2 anos
Familias, Infancia
11/02/2023
Xa rematou
18:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
MUNA vive baixo terra, libre como un animal do bosque, como un náufrago na súa illa. Cada mañá percorre o parque en busca de tesouros esquecidos. Cada día a mesma historia, ata que un día decide buscar a maneira de rubir ata... a Lúa!!
"O mundo está cheo de cousas, e é realmente necesario que alguén as atope."
Astrid Lindgren, Pippi Mediaslongas.
FICHA ARTÍSTICA
Intérprete: Cecilia Paganini
Músico en vivo: Txefo Rodriguez
Creación: Gorka Ganso e Cecilia Paganini
Dirección: Gorka Ganso
Iluminación: Ion Chávez
Composición musical: Quico Puges
Escenografía: Gorka Ganso e Óscar De Paz
Duración: 45 minutos
Idioma: sen palabras.
VENDA DE BILLETES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible