Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría.
Dirixida a público familiar a partir de 6 anos
Familias, Infancia
22/04/2023
Xa rematou
18:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo: "Revamp", onde unha misteriosa voz en off vai propoñéndolle retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias.
A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.
FICHA ARTÍSTICA:
Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Mario Rodríguez
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Davide González
Escenografía e vestiario: Anahí Taraburelli
Deseño de son e iluminación: Davide González
Duración: 50 minutos
Idioma: en galego.
VENDA DE BILLETES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible