Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de septiembre de 2024

O Circo do Sol volverá ao Coliseum da Coruña nos meses de abril e maio de 2025, coa estrea na cidade do prestixioso espectáculo ‘Corteo’

Xa está habilitada a prevenda de entradas para o persoal membro do Circo do Sol. Mañá, xoves, disporanse en LiveNation, e será este venres 27, ás 10.00 horas, cando se habilitará a venda ao público xeral

O Coliseum abrirá as súas portas o ano que vén ao Circo do Sol, que volve á Coruña na súa nova xira do espectáculo 'Corteo', unha produción estreada no ano 2005 na cidade canadense de Montreal e que, desde entón, tivo un público de máis de dez millóns de persoas en 22 países distintos de catro continentes.

'Corteo', que significa cortexo en italiano, é unha procesión alegre, un desfile festivo imaxinado por un pallaso. O espectáculo, dirixido por Daniele Finzi Pasca, reúne a paixón do actor coa graza e o poder do acróbata para somerxer o público nun mundo teatral de diversión, comedia e espontaneidade situado nun espazo misterioso entre o ceo e a terra.

A Coruña será a segunda parada da xira en España, tras Barcelona. Hai un total de trece funcións previstas na cidade herculina, que terán lugar entre finais do mes de abril e inicios do mes de maio.

As datas e horarios dos espectáculos na Coruña en 2025

  • Xoves 24 de abril, ás 20.30 horas
  • Venres 25 de abril, ás 20.30 horas
  • Sábado 26 de abril, ás 16.30 e 20.30 horas
  • Domingo 27 de abril, ás 16.30 e 20.30 horas
  • Mércores 30 de abril, ás 20.30 horas
  • Xoves 1 de maio, ás 20.30 horas
  • Venres 2 de maio, ás 20.30 horas
  • Sábado 3 de maio, ás 16.30 e 20.30 horas
  • Domingo 4 de maio, ás 12.30 e 16.30 horas

A venda para o público xeral, desde este venres 27 ás 10.00 horas

A prevenda exclusiva de entradas de 'Corteo' para as membras e membros do Circo do Sol habilitouse este mércores pola mañá, e será mañá, xoves 26, a partir das 10.00 horas, cando se activará a prevenda de Live Nation.

Xa este venres 27, ás 10.00 horas, habilitarase a venda para o público xeral tanto na web oficial do Circo do Sol como nos portais web de LiveNation, Ticketmaster e o Corte Inglés, tamén a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión