Coa organización destas Xornadas, dende o Concello da Coruña procuramos crear un espazo no que abordar, dende a política exterior e migratoria da Unión Europea e as súas consecuencias, ata as posibilidades de construción de estratexias de actuación fronte as discriminacións por razón de orixe, raza, relixión, identidade ou orientación sexual, xurdidas dende o ámbito local.
As persoas participantes destas xornadas contribuíron coas súas achegas á análise crítica do racismo estrutural; da xestión de fronteiras (externalizadas e físicas); da relación das políticas migratorias con intereses comerciais; das "devolucións en quente" ou dos CIEs, sempre dende múltiples perspectivas: legal; sociolóxica; decolonial; pero tamén dende o punto de vista do activismo en primeira persoa. Por último, pechamos estas Xornadas cun diálogo aberto sobre a existencia de narrativas ou prácticas racistas tamén dentro da esquerda.
Estas xornadas leváronse a cabo os días 1 e 2 de decembro na Domus. Poden visualizar os videos das xornadas pulsando nas ligazóns abaixo indicadas.
Xornada do venres 1 de decembro de 2017.
Video. Que facer dende as institucións públicas locais na cuestión do refuxio/asilo/migración?
Xornada do sábado 2 de decembro de 2017.
Video. Un novo horizonte de transformación o antirracismo político
Documentos relacionados
28 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible