Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas
A Deputación de Albacete convoca o IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas, cuxa finalidade é recompensar aqueles traballos que mellor contribúan á información e sensibilización para a erradicación de calquera forma de violencia contra mulleres.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/09/2024
Requisitos:
Poderán participar persoas maiores de 16 anos.
Os traballos deberán ser necesariamente orixinais e inéditos; non sendo premiados noutros concursos, nin publicados previamente.
Os traballos presentaranse en formato dixital podendo utilizarse calquera técnica artística xa sexa manual ou dixital.
Quen participe responsabilizarase de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre as súas obras.
A presentación de cada obra realizarase a través dun arquivo en formato JPG, ou PDF, cunha resolución mínima de 300 ppp (píxeles por polgada), onde o seu lado maior teña como mínimo 4.000 píxeles.
Poderanse presentar como máximo 5 traballos por persoa, debendo neste caso cumprimentarse unha única instancia.
Poderase acompañar unha breve memoria explicativa cunha extensión máxima de 15 liñas cun tamaño de letra de 12 pt, na que se fará constar o título das obras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible