Cos premios do programa Xuventude Crea, a Consellería de de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, trata de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
Para público en general
Desde el 11/09/2024 hasta el 10/10/2024
Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do Programa Xuventude Crea 2024 as persoas non profesionais - exceptúase este requisito para a especialidade de teatro, modalidade Pro, nos termos establecidos no capítulo II para esta especialidade - e que cumpran os seguintes requisitos:
A dotación económica dos premios por cada unha das especialidades é:
Ademais dos premios, a convocatoria prevé axudas económicas para as persoas participantes que accedan á fase final de determinadas especialidades e, o que é máis importante, as obras finalistas e premiadas terán a vantaxe de ser obxecto de difusión e promoción de forma que se fará visible o talento e a creatividade das súa persoas autoras.
Consellería de de Cultura, Lingua e Xuventude
tel: 981 541 689 | 981 545 702
e-correo: xuventudecrea.cps@xunta.gal
Publicación: DOG 10/09/2024
NOVIDADES
A convocatoria do programa Xuventude Crea 2024 conta coas seguintes principais novidades:
ESPECIALIDADES
As 16 especialidades artísticas que se convocan son as seguintes:
Artes plásticas: Coas modalidades de pintura e escultura. As obras serán orixinais e o tema e as técnicas serán libres.
Arte urbana: As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego. O tema e a técnica serán libres.
Banda deseñada: As obras serán orixinais e inéditas, de temática libre e con textos en galego. A técnica pode ser calquera, en branco e negro ou en cor. A obra presentarase en formato dixital (A4 ou A3) e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas.
Cociña: As receitas poderán ser individuais ou en parella, admitíndose unha receita por participante (sexa individual ou en parella). Pode tratarse dun prato salgado ou doce, e a base da receita será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
Creación de contido: As obras poderán ser individuais ou en grupo e serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será a marca "Galicia" e debe incluír unha presentación do seu autor.
Creación de videoxogos: As obras poderán ser individuais ou en grupo. Un 25% dos participantes poderá superar os 30 anos de idade. Ningunha persoa participante poderá formar parte de máis dun grupo. As obras consistirán nun prototipo funcional ou xogo completo co aspecto e calidade final. Serán orixinais, inéditas e os textos e o audible en galego, agás a banda sonora, que poderá estar en calquera lingua. A temática será libre. Os videoxogos deberán dispoñer, como mínimo, de versións para Windows ou Mac OS e deberán ser manexables con teclado e rato.
Danza moderna: Coas disciplinas de danza contemporánea, danza urbana, jazz-lírico e danza experimental. De forma individual ou en grupo (mínimo de 2 persoas e máximo de 30). A duración da actuación non pode superar os cinco minutos e a coreografía debe ser inédita.
Deseño de xoias: A colección, que poderá ser tanto para home como para muller, debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O remate das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiería, excluíndo a utilización de fornituras compradas.
DJ (Disc-Jockey): As obras poderán ser individuais ou en parella. As sesións poderán ser producidas en calquera formato de vídeo ou en audio e terán unha duración máxima de 20 minutos.
Fotografía: As obras serán orixinais, o tema e as técnicas serán libres. Unha ou varias fotografías, ata un máximo de 6, en cor ou branco e negro. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes, só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición final ou previamente para a avaliación pola comisión de selección, se esta o estima necesario.
Moda: As coleccións deben ser orixinais e coherentes, con 5 modelos de home ou muller. Será necesario definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Música: Solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea, así como solistas e grupos de música clásica que serán os que poidan optar, ademais, ao premio especial de 1.000 euros. Admitirase que ata un 25% das persoas compoñentes do grupo supere os 30 anos.
Novela curta: A obra será orixinal, inédita e en galego. O tema será libre. A ordenador, en tamaño 12, tipografía arial e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 80 páxinas e máxima de 200 e as follas estarán numeradas.
Poesía: A obra será orixinal, inédita e en galego. O tema e a técnica serán libres. A obra realizarase a ordenador, en tamaño 12 e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100 e as follas estarán numeradas.
Teatro: Créanse dúas modalidades dentro da especialidade:
a) Amador: para grupos de teatro xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos de teatro amadores ou escolas municipais de teatro entre outros.
b) Pro: para compañías de teatro de nova creación, profesionais emerxentes, grupos de teatro formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia entre outros.
Poderán concorrer persoas individualmente ou grupos teatrais, non profesionais, que desenvolvan a súa actividade maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia e o acrediten suficientemente coa oportuna documentación xustificativa, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2024. Un 75% das persoas compoñentes do grupo deberán cumprir os requisitos de idade e traxectoria profesional.
As representacións serán en lingua galega. As obras poderán ser de autoría galega, española ou estranxeira. Poderán presentarse obras orixinais e a duración da representación de cada obra non poderá ser inferior a trinta minutos nin exceder dunha hora e trinta minutos.
Videocreación: As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será libre, mais deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental (é dicir, que se sitúa fóra dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade). A duración de cada obra será dun mínimo de 2 minutos e dun máximo de 8 minutos e a súa realización das obras debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2024.
Hasta el 04/10/2024
ou ata esgotar as prazas vacantes
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Desde el 16/09/2024 hasta el 27/09/2024
Ata as 13:00 h.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible