CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Bolsas de traballo para a orquestra Real Filharmonía de Galicia
  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea, ou ben residencia legal en España.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión de Título Superior de Música na especialidade correspondente obxecto da convocatoria ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias.
Data: Data de inscrición Ata o 01/07/2024

Contacto:

Consorcio da Cidade de Santiago

Rúa do Vilar, 59 (15705 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 574 700

Publicación: BOP 03/06/2024

4 prazas de Oficial Mantemento Obras no Concello de Carballo
  • Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 57 do TREBEP e no artigo 52 da LEPG, no suposto de acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados, permita o acceso ao emprego público.
  • Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
  • Certificado que acredite o nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 3 ou equivalente, ou superar unha proba de coñecemento da lingua galega.
Data: Data de inscrición Ata o 04/07/2024

Contacto:

Concello de Carballo

Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña)

Teléfono: 981 704 100  

Publicación: 

BOP 04/12/2023

BOE 04/06/2024

Praza de auxiliar de bibliotecas no Concello de Oleiros
  • Ter a nacionalidade española.
  • Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
Data: Data de inscrición Ata o 04/07/2024

Contacto:

Concello de Oleiros 

Praza de Galicia , 1. Oleiros (A Coruña)

Teléfono 981 61 00 00

Publicación: 

BOP 17/04/2024

BOE 05/06/2024

2.500 prazas do Corpo Administrativo da Administración da Seguridade Social
  • Título de Bacharelato, Técnico ou equivalentes.
Data: Data de inscrición Ata o 03/07/2024

Contacto:

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Inspección de Servizos

Paseo da Castellana, n.º 63, 28071 Madrid

Correo electrónico procesosselectivosadministrativos@inclusion.gob.es

Publicación: BOE 05/06/2024

1 técnica/ou analista de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación
  • Titulación mínima esixida: estar en posesión, ou abonar os dereitos para a súa expedición, do título oficial de Formación Profesional da familia de Química: Técnico/a Superior en Laboratorio de Análise e de Control de Calidade ou titulación equivalente. Corresponderá á persoa solicitante a achega da credencial que acredite a equivalencia, homologación ou convalidación no seu caso. As persoas con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación en España da súa titulación
  • Posuír experiencia profesional mínima demostrable de 1 ano realizando análise de augas de consumo e/ou residuais, empregando técnicas instrumentais, técnicas de análises fisicoquímicos e técnicas de análises microbiológicos.
  • Estar en posesión do carné de conducir da clase B ou homologado en vigor. Imprescindible para o desempeño do posto de traballo.
Data: Data de inscrición Ata o 19/04/2024

Contacto:

Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.L. (Emalcsa)

Tel.: 981 24 23 2

Publicación: BOP 04/04/2024

1 técnica/ou de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación
  • Titulación mínima esixida: estar en posesión, ou abonar os dereitos para a súa expedición, dalgunha das titulacións universitarias oficiais de Grao en Química, Bioloxía, Bioquímica, Farmacia, Enxeñería Química, Ciencias Ambientais ou Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou titulación equivalente. Corresponderá á persoa solicitante a achega da credencial que acredite a equivalencia, homologación ou convalidación no seu caso. As persoas con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación en España da súa titulación.
  • Posuír experiencia profesional mínima demostrable de 3 anos exercendo como graduado/a universitario/a realizando análise e control de calidade da auga en laboratorio conforme á súa titulación e empregando polo menos una das seguintes técnicas de análise instrumental: cromatografía líquida ou de gases e/ou espectroscopía de ICP.
  • Estar en posesión do carné de conducir da clase B ou homologado en vigor. Imprescindible para o desempeño do posto de traballo.
Data: Data de inscrición Ata o 19/04/2024

Contacto:

Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.L. (Emalcsa)

Tel.: 981 24 23 2

Publicación: BOP 04/04/2024