CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo
  • Persoas matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes dos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 
  • Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
  • Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
  • A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que:
    • Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.
    • E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
    • Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir, de forma motivada, do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos. 
  • As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos e de rendemento académico. Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar. A renda da unidade familiar que se terá en conta é a do exercicio fiscal 2022 e obterase pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.
Data:
  • A adxudicación de praza de residencia será gratuíta cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 201/2024, do 27 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024/25, e cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar, anualmente, as seguintes cantidades:
    • Ata un 10 %: 682,85 €.
    • Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.047,11 €.
    • Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.680,89 €.
    • Máis do 30 %: 2.493,98 €.
  • O día 22 de agosto de 2024 publicaranse a través da páxina web da Consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial:
    • A listaxe provisional de persoas admitidas, que indicará a puntuación total por orde descendente e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
    • A listaxe provisional de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.
  • As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a Comisión de Valoración no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • O día 30 de agosto de 2024 publicaranse conxuntamente a través da páxina web da Consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial:
    • A listaxe definitiva de todas as persoas admitidas indicando a puntuación total por orde descendente, e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
    • A listaxe definitiva de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.
    • A listaxe de persoas adxudicatarias, que indicará o nome e apelidos e o centro en que estean matriculadas.
    • A listaxe de suplentes, coas persoas admitidas que, estando matriculadas, no obteñan praza, seguindo a orde de prelación que resulte da súa puntuación definitiva.

Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 2 e o 6 de setembro de 2024, ambos incluídos.

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 436 523

Publicación: DOG 20/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A 

585 axudas para cursos de inmersión en lingua inglesa, para Mestres e titulados no Mestrado do Profesorado, organizados pola UIMP
  • Persoas que obtivesen o título de grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2022-2023, 2021- 2022 ou 2020-2021 cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 7,50 puntos.
  • Persoas que obtivesen o título de Mestrado en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas, cunha nota media no Máster de, polo menos, 7,50 puntos nalgún dos seguintes cursos académicos: 2022-2023, 2021-2022 ou 2020-2021.
  • Cubrir a solicitude mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Data: Data de inscrición Ata o 10/07/2024

100,00 euros en concepto de reserva de praza.

Cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso. Non inclúe os gastos de desprazamento á sede do curso.

Axudas para participar nun curso de inglés especializado (Áreas de Ciencias, Ciencias Sociais ou Inglés) cunha duración de corenta horas lectivas, distribuídas en cinco días, que se desenvolverá en réxime de internado de domingo a sábado nas sedes da UIMP de Santander, Cuenca ou Pirineos.

Contacto:

UIMP - Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Rúa Isaac Peral, 23. 28040 Madrid

Teléfono: 91 592 06 00

E-mail: cursos@uimp.es

Publicación: BOE 19/06/2024

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 768843

3.165 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola UIMP
  • Mozos que cumprisen 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2024.
  • Obter a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou último curso de Bacharelato nalgunha das seguintes convocatorias:
    • Curso 2022-2023, bolsas de carácter xeral convocadas por Resolución do 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (BOE de 12 de marzo de 2022).
    • Curso 2021-2022, bolsas de carácter xeral convocadas por Resolución de 28 de xullo de 2021, da Secretaría de Estado de Educación, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (BOE de 2 de agosto de 2021).
  • Cubrir a solicitude mediante o formulario accesible na Internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Data: Data de inscrición Ata o 10/07/2024

100,00 euros en concepto de reserva de praza.

Cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso. Non inclúe os gastos de desprazamento á sede do curso, que serán por conta das persoas participantes.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de Axilidade Oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado. Os cursos terán unha duración de corenta horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo a sábado nas sedes da UIMP en Santander, Cuenca, Valencia, Sevilla, Tenerife, Barcelona, Cartagena e La Línea.

Contacto:

UIMP - Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Rúa Isaac Peral, 23. 28040 Madrid

Teléfono: 91 592 06 00

E-mail: cursos@uimp.es

Publicación: BOE 19/06/2024

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 768840

Verán Xove 2024
  • Mozos de entre 18 e 30 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 2006, ambos inclusive).
  • Ter nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España.
  • Rexistrarse na web https://veranojoven.transportes.gob.es polo menos con 24 horas de antelación á realización da primeira compra (tras o rexistro obterase un código que se debe proporcionar á empresa operadora á hora de adquirir o billete para o desconto)
Data: Dende o 01/07/2024 ata o 30/09/2024

Os descontos, que se aplicarán nos billetes sinxelos e de ida e volta dos trens e dos autobuses de titularidade estatal e dos pases Interrail que teñan data para viaxar entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2024, serán os seguintes:

  • Servizos ferroviarios de media distancia convencional e ancho métrico: rebaixa do 90% do prezo dos billetes sinxelos e de ida e volta.
  • Servizos comerciais ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios: rebaixa do 50% do prezo do billete, cun máximo de 30 euros por billete.
  • Avant: desconto do 50% nos billetes sinxelos e de ida e volta.
  • Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe.
  • Servizos de autobús regular de competencia estatal: desconto do 90% do prezo do billete sinxelo e o de ida e volta.

Para resolución de dúbidas e máis información:

  • Apartado "Preguntas frecuentes" da campaña Verán Xove
  • Consultas relacionadas coa compra de billetes: consultar nas páxinas web e canles habituais dos operadores de transporte (para viaxes en tren: Renfe, Ouigo e Iryo)
  • Outras consultas: a través do formulario de contacto do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible

Contacto:

Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible

Paseo de la Castellana 67 (28071 Madrid)

Tel.: 91 597 70 00

www.transportes.gob.es/ministerio/contacto-web

Bolsas de FP, Grao e Mestrado para persoas con discapacidade da Fundación Adecco
  • Persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% que nacesen entre 1994 e 2008
  • Estudantes de Grao, Mestrado e/ou FP (con matricula no curso 2024-2025 na Universidade pública ou privada en estudos de Grao ou de Mestrado ou en centro de FP en estudos de Grao Medio ou Grao Superior)
  • Permiso de traballo e residencia en España
Data: Data de inscrición Ata o 30/09/2024

A contía da Bolsa dependerá das necesidades valoradas na carta de motivación e do orzamento presentado. Poderanse incluír os siguients conceptos:

  • - Ensino: importe máximo 2000 € (só no caso de que non estea cuberto o gasto pola Bolsa do Ministerio de Educación ou da Comunidade Autonómica correspondente)
  • - Material: importe máximo 1000 €
  • - Transporte: importe máximo 250 €
  • - Residencia: importe máximo 750 €

Contacto:

Fundación Adecco

Rúa Prícipe de Vergara, 110 (28002 - Madrid)

Tel.: 91 700 49 20

correo-e: becasfundacionadecco@adecco.com

Publicación: BOE 13/06/2024

Bono Cultural Xove 2024
  • Mozos que cumpran 18 anos en 2024.
  • Nacionalidade española ou residencia legal en España. Igualmente, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo en España, quen solicitase protección temporal e persoas estranxeiras extuteladas en trámite de obtención do permiso de residencia legal en España.
  • As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Xove de 2024 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos cumprimentando o formulario dispoñible na plataforma web.
  • Se a persoa interesada non cumpriu 18 anos de idade a data de solicitude, utilizará para a súa identificación a Cl@ve PIN con rexistro avanzado, debendo solicitala nalgunha das oficinas públicas dispostas para ese efecto, acompañado neste caso de pai, nai, titor ou curador.
Data: Data de inscriciónDende o 17/06/2024 ata o 16/09/2024

400 euros para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías e cos límites máximos que se indican:

  • Máximo de 200 euros para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais, que inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais e espectáculos taurinos.
  • Máximo de 100 euros para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray.
  • Máximo de 100 euros para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

A Resolución de concesión do Bono Cultural Xove notificarase no prazo máximo de seis meses contados desde a data de presentación da solicitude. Ditada a resolución de concesión, a entidade colaboradora para a facilitación e xestión dos medios de pagamento emitirá as tarxetas prepagamento que se poderán descargar desde a App correspondente. No caso de que a persoa beneficiaria non dispoña dun teléfono "smartphone" ou non tivese este a tecnoloxía NFC, e así o manifestase na súa solicitude, facilitaráselle unha tarxeta ou tarxetas prepagamento físicas.

A persoa beneficiaria poderá gastar a axuda nas tres categorías de actividades, servizos e produtos subvencionables, nas Entidades Adheridas ao programa, que estarán listadas polo seu nome comercial e localización na base de datos da páxina web do Bono Cultural Xove. As persoas beneficiarias deberán subir á plataforma do Bono Cultural Xove o comprobante electrónico ou a imaxe dixitalizada do xustificante da compra efectuada na que consten, polo menos, os seguintes datos: importe, data e nome da entidade na que se realizou.

Contacto:

Ministerio de Cultura

Consultas sobre a solicitude, o estado de tramitación ou o uso da Plataforma ou App móbil: 917 40 67 93 e bcj@fnmt.es

Consultas sobre o uso da tarxeta (activación, bloqueo, perda ou non recepción da tarxeta) ou con métodos de pagamento (compra de produtos ou servizos culturais): 910 97 12 23 e bonoculturaljoven@correosprepago.es

Publicación: BOE 17/06/2024

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 768245

4 bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega
  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
  • Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o proxecto ao cal presenten a solicitude:
    • Proxecto de investigación Unidade de Publicacións (1 bolsa): título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas, ou titulacións equivalentes.
    • Proxecto de investigación Área de Documentación (2 bolsas): título de licenciatura ou grao en Documentación ou titulacións equivalentes.
    • Proxecto de investigación Unidade de divulgación de contidos e difusión (1 bolsa): título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.
  • Ter rematados os estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
  • Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos. 
Data: Data de inscrición Ata o 08/07/2024

1.200,00 € mensuais. 

Contacto:

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 95 72 02

Enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal

Dúbidas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 07/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR970B

2 Bolsas para estudos de música no estranxeiro
  • Nacionalidade española
  • Cursar os Estudos Superiores de Música nun Conservatorio español
  • As solicitudes acompañadas da documentación esixida poderán presentarse por correo postal ou electrónico na Fundación Alvargonzález
Data: Data de inscrición Ata o 30/06/2024

A contía de cada unha das bolsas é de 3.000 €.

Contacto:

Fundación Alvargonzález

Rúa Claudio Alvargonzález 16 - 1º (33201 - Xixón)

Tel.: 985 34 18 26

correo-e: correo@fundacion-alvargonzalez.com

www.facebook.com/fundacionalvargonzalez

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico curso 2023/24
  • Ter cursado durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Data: Data de inscrición Ata o 08/07/2024

1.000 € por premio. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 383 / 981 546 527

Email: premios@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 06/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311D

Bolsa para prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación
  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
  • Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente.
  • Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
  • Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
  • Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamada da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
Data: Data de inscrición Ata o 08/07/2024

Importe bruto da bolsa: 18.000,00 euros.

Contacto:

Fundación Galicia Europa

En Santiago de Compostela: rúa do Hórreo, 61.

Teléfono: 981 54 10 12

Enderezo electrónico: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

En Bruxelas: rue de la Loi/Wetstraat, 38-2°, bte. 2

Teléfono: +32 (0) 27 35 54 40

Enderezo electrónico: bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral: 012 ou correo electrónico 012@xunta.es

Publicación: 

DOG 23/04/2024 (bases reguladoras)

DOG 07/06/2024 (resolución convocatoria)

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR770M

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
  • Ter entre 18 e 30 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.
  • Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo.
  • Non ser persoas beneficiarias dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
  • Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
  • No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
  • Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.
Data: Data de inscrición Ata o 04/07/2024

As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres, manutención completa de luns a venres, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia durante o curso escolar 2024/25 no CGTD. 

Estas bolsas están destinadas a estudantes que colaborarán na residencia do CGTD, para completar a súa formación á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar. As persoas bolseiras actuarán baixo a coordinación e dirección dun titor que supervise o proxecto que van desenvolver no centro para que redunde na mellora da súa formación práctica.

Serán obrigas específicas das persoas beneficiarias en relación coa súa condición de persoa colaboradora bolseira, coa súa estadía no centro e coa execución do proxecto que se vai desenvolver:

  • Incorporarse á residencia o mesmo día que as persoas deportistas.
  • Permanecer na residencia nos horarios establecidos pola dirección do centro.
  • Colaborar en facilitar a convivencia e cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno do centro.
  • Realización de actividades de apoio á dirección do CGTD, aos técnicos responsables dos grupos de deportistas existentes implicados no programa de formación e na organización e promoción de actividades deportivas, recreativas e académicas.
  • Colaborar coas preceptoras/es na organización e promoción de actividades recreativas e formativas.
  • Axudar nas tarefas de control e seguimento dos estudos dos residentes.
  • Notificar ás preceptoras todas as incidencias que se produzan en relación coas persoas deportistas.
  • Funcións rotatorias diarias:
    • Almorzo, comida e cea: control da lista de persoas bolseiras e adestradoras que fan uso do servizo de comedor e recordar as normas aos usuarios do comedor.
    • Hora de estudo: supervisión do uso correcto do espazo, control das normas de uso dos estudos, colaborar na organización de tarefas ás persoas bolseiras e distribución do tempo de traballo.
    • Control de plantas: ás 23.00 h supervisión de que todos as persoas bolseiras estean nas súas habitacións e cumprindo as normas da residencia.
    • Actividades no salón de actos/sa de xogos: control de cabida do recinto e supervisión do cumprimento das normas por parte das persoas bolseiras.
  • Calquera outra actividade que se determine para a correcta convivencia das persoas deportistas no centro e para o desenvolvemento das súas actividades dentro do CGTD.

Contacto:

Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Rúa Padre Fernando Olmedo, nº 1. 36071 Pontevedra

Teléfono: 886 159 674

Email: cgtd@xunta.gal

Publicación: DOG 04/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento DE400A

Bolsas de formación no Instituto Galego da Vivenda e Solo
  • Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
  • Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
  • Seis bolsas para persoas con grao en Dereito.
  • Unha bolsa para persoas con grao en Economía.
  • Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
  • Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
  • Non ter sido con anterioridade beneficiarios/as doutra bolsa de formación do IGVS.
  • Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación. 
Data: Data de inscrición Ata o 03/07/2024

O importe de cada bolsa será de 1.200 euros brutos/mes.

  • Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
  • Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
  • Seis bolsas para persoas con grao en Dereito.
  • Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

As bolsas de formación levaranse a cabo nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS da Coruña.
  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Lugo.
  • Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Pontevedra.
  • Unha persoa con grao en Dereito na Área Provincial do IGVS de Ourense.
  • As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS en Santiago de Compostela.

Contacto:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 541 982

Email: dx.igvs@xunta.es

Publicación: DOG 03/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento VI440D

Microcréditos á formación 2024

Personas beneficiarias

  • As persoas traballadoras ocupadas, tanto por conta allea como personas traballadoras pertencentes ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos e as persoas socias traballadoras de entidades da Economía Social, e persoas desempregadas que acrediten ter realizado e completado as formacións previstas nesta convocatoria.

Requisitos da formación

  • formación subvencionada ao amparo desta orde responderá a necesidades de adquisición e desenvolvemento de competencias destinadas á transformación dixital, ecolóxica e produtiva preferentemente, sempre que non conduzan á obtención de títulos oficiais do sistema educativo ou universitario, incluídos mestrados ou posgraos, así como títulos, certificacións ou acreditacións de formación profesional.
  • A formación debe ser de carácter profesional, relevante para a empregabilidade, existente no mercado dentro dos ámbitos dixital e da economía produtiva, vinculada a ámbitos onde se detectaron necesidades de contratación e formativas, que non estea ofertada ou financiada polos servizos públicos de emprego, e que conduza á obtención dun diploma ou documento que garanta que a persoa certificada posúe un nivel determinado de coñecemento ou de habilidades sobre unha materia profesional determinada, de acordo ao establecido no Anexo II. Cando a formación realizada estea referida ao ámbito dixital dentro do Anexo II, só terán validez os diplomas ou certificacións emitidos polos centros ou entidades que conten coa autorización da entidade provedora da tecnoloxía para impartir a formación que conduce á súa obtención. Debes formarte entre o 1 de xaneiro do 2023 (o inicio da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe finalizar con posterioridade ao 29 de maio de 2024. 
  • Debes terte formado entre o 1 de xaneiro del 2023 (o inicio da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe ter finalizado con posterioridade ao 29 de maio de 2024.

Presentación de solicitudes

Presentación electrónica a través de https://subvenciones.fundae.es// (instrucciones).

As solicitudes resolveranse po orde de presentación.

Data:

Debes terte formado entre o 1 de xaneiro do 2023 (ao comezo da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe ter finalizado con posterioridade ao 29 de maio de 2024.

Data de inscrición Ata o 30/09/2025
  • 600€. O custo da formación realizada, haberá de ser, polo menos, de 600 euros, asumindo, no seu caso, a persoa interesada a parte do custo da formación que supere dita axuda. O custo da formación obxecto de subvención poderá incluír ademais o custo da expedición, no seu caso, das acreditacións ou certificacións da formación realizada e superada, cando ditas acreditacións ou certificacións sexan un requisito para acceder aos postos de traballo relacionados coa formación. En todo caso, poderase incluír o custo de expedición de carnés profesionais, cando se obtiveron tras a realización e superación dun curso relacionado co carné profesional nun centro acreditado para a realización deste tipo de cursos.

Contacto:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego. SEPE

https://www.fundae.es/atencionusuario/contacto

Publicación:

Bolsas de formación en xestión documental e arquivística no Tribunal Constitucional
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos: licenciatura ou grao universitario ou ben un título doutro país que acredite unha formación equivalente.
  • Finalizar os estudos para a obtención do título con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
  • Non ser beneficiario dunha bolsa no Tribunal Constitucional en calquera das súas modalidades. Exceptúanse aqueles supostos nos que, por razóns non imputables ao beneficiario, só puidese gozar da bolsa por tempo inferior a seis meses.
Data: Data de inscrición Ata o 01/07/2024

A dotación de cada bolsa será de 1.260 euros brutos mensuais.

Contacto:

Tribunal Constitucional

Rúa Domenico Scarlatti, 6. 28003 Madrid

Teléfono: 915 508 000

Publicación: BOE 30/05/2024

Bolsa de formación en biblioteconomía e documentación no Tribunal Constitucional
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos: licenciatura, grao, máster ou doutoramento en Biblioteconomía e Documentación ou análoga, ou ben un título doutro país que acredite unha formación equivalente.
  • Finalizar os estudos para a obtención do título con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
  • Non ser beneficiario dunha bolsa no Tribunal Constitucional en calquera das súas modalidades. Exceptúanse aqueles supostos nos que, por razóns non imputables ao beneficiario, só puidese gozar da bolsa por tempo inferior a seis meses.
Data: Data de inscrición Ata o 01/07/2024

1.260 euros brutos mensuais.

Contacto:

Tribunal Constitucional

Rúa Domenico Scarlatti, núm. 6, 28003 Madrid

Teléfono: 915 508 000

Publicación: BOE 30/05/2024

2.431 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2024-2025
  • Estudantes universitarios que no curso 2024-2025 estean matriculados no último curso de estudos de Grao ou no primeiro curso dun Máster universitario oficial.
  • Obter como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
    • 7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
    • 7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
    • 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
    • 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades
Data: Data de inscriciónDende o 11/06/2024 ata o 17/09/2024

2.000 euros.

Prazas universidades en Galicia:

  • UDC 29
  • USC 83
  • UVigo 49

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid

Teléfono: 910 837 937

Publicación: BOE 30/05/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 764344

Bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía das EASD da Fundación MOP

Estar matriculado/a no curso 2023/24 no segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de artes plásticas e deseño en Fotografía nalgunha das catro escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ter superado integramente o primeiro e o segundo curso do antedito ciclo formativo de grao superior antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Ter presentado durante o prazo de inscrición certificación dun nivel de competencia lingüística B2 ou superior en lingua inglesa. Unicamente serán válidas as certificacións das escolas oficiais de idiomas.

Presentar durante o prazo de inscrición un currículum vitae acompañado de documentación gráfica relativa a un proxecto de fotografía, que poderá ser un proxecto realizado con anterioridade.

Data: Dende o 01/07/2024 ata o 22/07/2024

Incluído: viaxe, aloxamento, programa educativo e manutención entre setembro e decembro deste ano. 

As persoas seleccionadas desenvolverán un proxecto fotográfico baixo a supervisión de titores, tendo posibilidade de acceder a clases maxistrais con fotógrafos relevantes, participar en eventos e actividades da propia fundación, así como asistir ao festival PhotoVoque.

Así mesmo, os bolseiros realizarán unha viaxe académica e cultural a cidades como París ou Roma, desenvolvendo actividades en colaboración con escolas de arte, imaxe e fotografía francesas e italianas.

Contacto:

Tel: 881 99 76 52

Email:  sxfp@edu.xunta.gal

Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo
  • Poderá solicitar as axudas o alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
  • Así mesmo, poderá solicita as axudas o alumnado con TEA e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Data: Data de inscriciónDende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024

Compoñentes das axudas e contías:

  • Ensino: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbano: ata 308,00 euros.
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.

Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:

  • Axudas directas para o alumnado, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderá ser beneficiario destes subsidios o alumnado con TEA, pertencentes a familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Los Madrazo, 17. 28014 Madrid

Teléfono 910 837 937

Unidade de Bolsas. Edificio Administrativo Monelos

Rúa Vicente Ferrer, 2 - 9º. 15008 A Coruña

Tel. 981 18 47 41

E-mail: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación: BOE 19/04/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 754862

Proxecto ICEX Vives de prácticas formativas no estranxeiro
  • Estar en posesión da nacionalidade dalgún dos Estados membros da UE e ser residentes en España
  • Idade: 18-30 anos no momento da solicitude da axuda
  • Estar en posesión dunha titulación universitaria de grao e/ou de máster, ou de formación profesional media ou superior
  • Non gozar doutras axudas para a mesma finalidade do Proxecto ICEX Vives de calquera Administración ou ente público.
  • Non ter antecedentes penais nin condena en firme
  • Non ter ningún vínculo laboral previo coa empresa na que se realizará a práctica formativa
  • Aceptar unha oferta de prácticas formativas non laborais dunha empresa participante no Proxecto ICEX Vives
Data: Data de inscrición Dende o 06/04/2024
  • Dotación económica en función da cidade/país de destino, entre 21.000 euros e 50.000 € (consultar lista de destinos e contías nas Bases)

As prácticas que realizarán en empresas españolas que conten con actividade comercial ou produtiva no exterior e/ou cun plan de internacionalización no exterior e realizaranse fóra de España.

Contacto:

ICEX España Exportación e Investimentos

Paseo da Castelá, 278 (28046 - Madrid)

Tel. 913 49 61 00

    correo-e: informacion@icex.es

    formulario de contacto: www.icex.es/es/quienes-somos/contacto/formulario-de-contacto/particular

    Publicación: BOE 05/04/2024 (extracto)

    Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 752762

    Axudas á mocidade para a obtención dos permisos de condución B, C e D
    • Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
    • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
    • Non estar traballando por conta propia nin allea.
    • Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
    Data: Data de inscriciónDende o 24/01/2024 ata o 30/09/2024

    O importe da axuda será de:

    • 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B
    • 650 euros para o permiso de clase C
    • 1.300 euros para o permiso de clase D

    O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos.

    Contacto:

    Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

    Edificio Administrativo San Lázaro. 15781 Santiago de Compostela

    Teléfonos: 881 999 025, 881 999 314, 981 545 293

    Correo electrónico: xuventude.programas@xunta.gal

    Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

    Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña

    Teléfonos: 881 881 238, 881 881 240

    Correo electrónico: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal

    Publicación: DOG 23/01/2024

    DOG 25/01/2024 (corrección de erros)

    Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS321A

    Microcréditos á formación 2023

    Persoas beneficiarias

    • As persoas traballadoras ocupadas, tanto por conta allea como persoas traballadoras pertencentes ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos e persoas socias traballadoras de entidades da Economía Social, e persoas desempregadas que acrediten realizar e completar as formacións previstas nesta convocatoria.

    Requisitos da formación

    • A formación subvencionadas ao amparo desta orde responderán a necesidades de adquisición e desenvolvemento de competencias destinadas á transformación dixital, ecolóxica e produtiva preferentemente, sempre que non conduzan á obtención de títulos oficiais do sistema educativo ou universitario, incluídos mestrados ou posgraos, así como títulos, certificacións ou acreditacións de formación profesional.
    • A formación deberá ser de carácter profesional, relevante para a empregabilidade, existente no mercado dentro dos ámbitos dixital e da economía produtiva, vinculada a ámbitos onde se detectaron necesidades de contratación e formativas, que non estea ofertada ou financiada polos servizos públicos de emprego, e que conduza á obtención dun diploma ou documento que garanta que a persoa certificada posúe un nivel determinado de coñecemento ou de habilidades sobre unha materia profesional determinada, de acordo ao establecido no Anexo II. Cando a formación realizada estea referida ao ámbito dixital dentro do Anexo II, só terán validez os diplomas ou certificacións emitidos polos centros ou entidades que conten coa autorización da entidade provedora da tecnoloxía para impartir a formación que conduce á súa obtención.
    • A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero a súa terminación e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).

    Presentación de solicitudes

    Presentación electrónica a través de https://subvencións.fundae.es/ (instrucións).

    As solicitudes resolveranse por orde de presentación.

    Data:

    A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero o seu remate e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).

    Data de inscrición Ata o 30/09/2024
    • 600 €. O custo da formación realizada, haberá de ser, polo menos, de 600 euros, asumindo, no seu caso, a persoa interesada a parte do custo da formación que supere dita axuda. O custo da formación obxecto de subvención poderá incluír ademais o custo da expedición, no seu caso, das acreditacións ou certificacións da formación realizada e superada, cando ditas acreditacións ou certificacións sexan un requisito para acceder aos postos de traballo relacionados con dita formación. En todo caso, poderase incluír o custo de expedición de carnés profesionais, cando se obtiveron tras a realización e superación dun curso relacionado co carné profesional nun centro acreditado para a realización deste tipo de cursos.

    Contacto:

    Fundación Estatal para a Formación no Emprego. SEPE

    https://www.fundae.es/atencionusuario/contacto

    Publicación: