Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de septiembre de 2024

O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón celebra o seu 56.º aniversario con actividades especiais

As actividades son gratuítas e con inscrición previa, que se abrirá este mércores 25 de setembro ás 10.00 horas na web ticketing.coruna.gal

O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón conmemora o 56.º aniversario da súa inauguración cunha programación de actividades gratuítas dirixidas a todos os públicos. A cita, programada polo Goberno de Inés Rey para a posta en valor do Museo Histórico municipal, terá lugar o vindeiro sábado 5 de outubro e incluirá xornadas de portas abertas, visitas guiadas e obradoiros tanto para nenos e nenas como para persoas adultas.

Entre as actividades destacan as visitas guiadas polo castelo e polas distintas seccións do museo, onde as e os participantes poderán coñecer en detalle a historia do edificio e os seus contidos. As visitas realizaranse en tres horarios: ás 12.00, 18.00 e 22.00 horas, cunha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos. A actividade está dirixida ao público adulto e contará cun máximo de 25 prazas dispoñibles.

Ademais, as e os máis pequenos poderán participar en dous obradoiros deseñados especificamente para elas e eles. O primeiro, "Da escavación ao museo", achegará os nenos e nenas ao proceso de restauración de pezas arqueolóxicas, onde terán a oportunidade de traballar como restauradores/as por un día e levar un prato reintegrado como recordo. Este obradoiro será ás 11.45 h e está orientado a nenos/as de entre 6 e 12 anos. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o obradoiro "Piratas á vista!", onde a través da figura dos piratas e corsarios descubrirán a historia do comercio marítimo e a relación dos piratas coa cidade da Coruña, e finalizarán coa creación do seu propio anteollo de pirata.

Para o público adulto tamén haberá un obradoiro titulado "Iluminando Brigantium", ás 19.30 horas. Esta actividade fará un percorrido pola prehistoria, explicando as técnicas de produción do lume e a fabricación de recipientes para transportar a luz, e culminará coa creación dunha lucerna romana mediante moldes. O obradoiro ten unha duración aproximada de 2 horas e está limitado a 15 prazas. Todas as actividades son gratuítas logo da inscrición previa a través da web https://ticketing.coruna.gal. O prazo de inscrición abrirase o mércores 25 de setembro ás 10.00 horas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión