Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Myke Towers - IMC Top Experience

Myke Towers aterrará na Coruña para ofrecer un único e exclusivo concerto en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/07/2023

As entradas poñeranse á venda o venres 12 de maio de 2023 ás 12.00 h

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Apertura de portas ás 21.00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Front Stage: 65,00 €

Pista: 49,00 €

Tendido Baixo (sentado numerado): 54,00 €

Tendido Medio (sentado numerado): 39,00 €

Tendido Alto (sentado numerado): 39,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

· A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.

· No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

· Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

· No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as súas persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e obrigarse a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todos eles/elas se deberán identificar como integrantes do mesmo grupo.

· Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Organiza:

Grupo Inversiones Márketing y Comunicación SL

Documentos:

Autorizacion-menores-16-anos---Concierto-Myke-Towers.pdf (272 KB)

O próximo 7 de xullo, no Coliseum, o portorriqueño fará vibrar o recinto cunha mestura de rap, reguetón e novas músicas urbanas latinas.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do concerto dende as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Venda en liña: Ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión