Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ricardo Seixo presenta o poemario “No celeiro dos versos”

Ricardo Seixo presentará o seu poemario "No celeiro dos versos" xunto con Xosé García Alfonso, autor das fotografías que ilustran o libro, e o trío musical Maraxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/11/2024

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra".

Contacto:

agra@galizacultura.gal

O libro, prologado por Pilar García Negro, foi editado pola nosa asociación coa axuda da Deputación da Coruña. Ricardo Seixo Fernández (A Coruña-Curtis, 1950), xubilado do ensino -profesión que exerceu durante corenta anos-, dedica o seu tempo a facer activismo social a través da poesía, da música e de partillar diferentes actividades na Asociación Veciñal AGRA (barrio da Agra do Orzán na Coruña), na Eira da Xoana e polo país adiante nas presentacións dos libros e mediante calquera outro encontro en que a oportunidade de falar da Galiza así o requirir. O denominador común dos seus poemas é a Galiza, a súa cultura e a problemática social que os seres humanos, en xeral, e os galegos e as galegas, en particular, viven cada día.

Cada un dos seus poemarios pretende ser unha chamada a tomar conciencia de que da acción colectiva depende a posibilidade de mellorar ou mudar o modelo de convivencia. Só a través do compromiso social colectivo se pode ser quen de construír unha outra realidade máis igualitaria e máis xusta. Neste celeiro homenaxea persoas que, desde a poesía, dedicaron e dedican horas e horas a faceren grande a nosa cultura a través dos versos, da lingua e do seu compromiso cunha sociedade que precisa de se sentir importante e de se querer. Xosé García Alfonso (A Coruña, 1954) viviu a infancia no rural barrio da Silva, a adolescencia na barriada proletaria das Casas de Franco, os estudos no Instituto Masculino e no da Agra, na Escola Normal... Di da súa colaboración neste poemario: "As fotos deste "Celeiro dos versos" que acompañan algúns dos textos sempre combativos e comprometidos do amigo Ricardo Seixo, tentan darlle un apoio expresivo e estético que non precisan."

Algunhas das participantes na actividade "Gosto de vivir a poesía", coordinada por Ricardo Seixo, farán unha lectura dunha escolma deste poemario. O acto rematara cunha intervención musical do trío musical Maraxe. Como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión