Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xullo de 2024

Os obradoiros celebraranse todos os luns e martes durante a celebración da feira, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas

A feira MOSTRART acollerá oito obradoiros no marco da actividade ‘Oficios ao Sol’

Trátase dun programa de obradoiros artesanais abertos á participación cidadá gratuíta co obxectivo de dar a coñecer os oficios tradicionais de Galicia

A feira de artesanía MOSTRART recupera nesta 40 edición a 'Oficios ao Sol', un programa de obradoiros artesanais abertos á participación cidadá co obxectivo de dar a coñecer os oficios tradicionais de Galicia. A actividade está organizada pola Asociación Galega de Artesáns en colaboración co Concello da Coruña, seguindo a liña do Goberno de Inés Rey para o apoio ao arte e cultura tradicionais de Galicia.

MOSTRART abrirá a súa nova edición este sábado 27 de xullo nos Xardíns de Méndez Núñez, con meirande de actividades paralelas como 'Oficios ao Sol'. Os obradoiros celebraranse todos os luns e martes durante a celebración da feira, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. A participación é gratuíta, previa inscrición no stand de información da feira, e están orientados a todas as idades. Os menores deberán estar acompañados e supervisados por unha persoa afulta. En total impartiranse oito obradoiros de diferente tipo, dende o 29 de xullo ao 19 de agosto. A programación completa por día é a seguinte:

Luns, 29 de xullo | Obradoiro de coiro, impartido pola artesá Ana Novo do taller Tres Caracoles

Trátase de aprender a elaboración de diferentes tipos de follas en pel no que cada persia participante escollerá en que prefire transformala; chaveiro, broche, imán ou pendentes, aplicando diferentes técnicas da marroquinaría. Está previsto para un máximo de 6 participantes en quendas dunha hora e media e a idade recomendada é a partir dos 12 anos.

Martes, 30 de xullo | Obradoiro de pregado de papel, da artesá Miriam Otero de Mioco Diseños

No obradoiro de pregado de libros as persoas poderán facer unha figura con forma de corazón a través dunha plantilla creada pola artesá. A participación é a partir de 14 anos en quendas de tres horas, unha pola maña e outra pola tarde, cun máximo de catro persoas por quenda.

Luns, 5 de agosto | Obradoiro de ourivería, coa artesá Carla Alfaia

Obradoiro colaborativo onde os participantes farán o seu propio colgante coa técnica tradicional da filigrana galega. Rematará coa demostración do soldado das diferentes pezas feitas polas persoas participantes. As quendas serán dunha hora e media cun máximo de 4 participantes e está orientado a maiores de 18 anos.

Martes, 6 agosto | Obradoiro de Xoguetes co artesán Guillermo Rocha de Artesanía Silvent.

Obradoiro onde os participantes poderán rematar un xoguete de madeira. Está pensado para o público infantil, a partir de 5 anos, en quendas dunha hora cun máximo de 4 participantes.

Luns, 12 de agosto | Obradoiro de bixutaría, a cargo de Eugenia Domínguez de Artesanía Nia

O obradoiro consistirá na elaboración dunha pequena peza, coa técnica Miyuki de engastado de delicas de cores, para un máximo de 5 persoas en quendas de tres horas, unha pola maña e outra pola tarde. A idade recomendada para participar neste obradoiro é a partir dos 10 anos.

Martes, 13 de agosto | Obradoiro de cerámica e modelado, a cargo do artesán Victor Ares

Elaboración de pezas con técnica de churros ou copiando unha peza de mostra, para a reprodución de partes do corpo, nariz, boca, ollos, orellas... coa técnica do modelado. A participación é a partir de 6 anos en quendas de tres horas, pola mañá ou pola tarde, cun máximo de 6 persoas por quenda.

Luns, 19 de agosto | Obradoiro de elaboración de papel con Pilar Rodríguez, Papeles para Sentir

Elaboración de follas de papel onde todo o público asistente poderá participar no proceso de transformación a partir dunha pulpa obtida dunha peza téxtil convertendose en papel. Este obradoiro é a partir de 5 anos en quendas que duran de 30 min a unha hora cun máximo de 6 participantes.

Martes, 20 de agosto | Obradoiro de cerería a cargo de Pecoreados Artesanía.

Elaboración dunha vela mediante as técnicas de cerería artesanal. Este obradoiro está orientado a rapaces e rapazas de entre 5 e 15 anos en quendas dunha hora e media e cun máximo de 6 participantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión