5 de novembro de 2024
Substituirase o céspede artificial, o sistema de rega e o equipamento desta instalación, homologándose para fútbol e hóckey
O Concello da Coruña inicia esta semana as obras de reforma do campo de fútbol número 1 da Cidade Deportiva da Torre - Arsenio iglesias. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey completará a substitución de todos os terreos de xogo, con máis de 20.000 metros cadrados de céspede artificial renovados e un investimento de case 1,4 millóns de euros.
"O compromiso da nosa alcaldesa con dotar á cidade de instalacións deportivas de primeiro nivel amósase con actuacións coma esta, que renova por completo a cidade deportiva que máis usuarios acolle", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deporte. Neste caso, os traballos centraranse na renovación integral da superficie, a mellora da instalación de rega e a substitución do equipamento asociado, como porterías e bancos. O orzamento deste proxecto é de 419.000 euros, IVE incluído, e os traballos desenvolveranse ao longo de oito semanas. O campo pasará a estar homologado pola normativa oficial das federacións deportivas de fútbol e jockey, o que permitirá realizar encontros oficiais de ambos deportes.
Esta actuación forma parte do plan de mellora da Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias, que inclúe diferentes actuacións relevantes como a substitución das varandas. O Goberno de Inés Rey busca con estas actuacións mellorar a experiencia das persoas usuarias dunha das instalacións deportivas máis completas de Galicia, que conta tamén cunha renovada iluminación led en todos os seus campos.
"A Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias é usada cada semana por miles de persoas e a nosa alcaldesa, nestes cinco anos desde a súa chegada ao Goberno municipal, busca o benestar de deportistas e asistentes, atendendo demandas históricas como a apertura dunha cafetería nas instalacións", sinalou Manuel Vázquez.
22 de novembro de 2024
21 de novembro de 2024
21 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible