Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de septiembre de 2024

O Concello mellorará en outubro o asfaltado da contorna do Coliseum

A actuación, promovida polo Goberno de Inés Rey, busca mellorar os accesos ao recinto municipal e á área comercial

O Concello da Coruña iniciará na primeira quincena de outubro traballos de asfaltado na contorna do Coliseum. Estas obras promovidas polo Goberno de Inés Rey buscan mellorar os accesos a este recinto de múltiples usos municipal e á área comercial contigua.

Os traballos consistirán no asfaltado da rúa Francisco Pérez Carballo, que dá acceso ao recinto desde a avenida García Sabell. Está previsto que se actúe nunha superficie total que supera os 3.200 metros cadrados. O Goberno de Inés Rey decidiu priorizar estas tarefas de asfaltado debido á súa deterioración e ante a gran carga de tráfico rodado que soportan.

A actuación tamén busca acondicionar a contorna do Coliseum polo inicio da temporada do Básquet Coruña, que se trasladou a este recinto municipal polo seu ascenso á liga ACB. Está previsto que cada dúas semanas haxa unha asistencia dunhas 8.000 persoas ao recinto, polo que o Goberno de Inés Rey busca mellorar a experiencia xeral da cidadanía, tanto fóra como dentro do recinto.

Este verán, ademais, acondicionouse o interior do Coliseum, instaláronse unhas infraestruturas que converten o recinto nun dos mellores pavillóns de baloncesto do país. Concretamente, instalouse un pavimento, canastras, sistema de xestión de partidos e equipo audiovisual.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión