Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2024

O Concello remata a renovación do firme de caucho na área de xogos de Vioño e proxecta a ampliación dun dos parques infantís de Santa Margarida

O departamento de Infraestruturas traballa xa no proxecto para ampliar a superficie da área infantil do parque máis próxima á pasarela da avenida de Arteixo

O Concello rematou a renovación do firme de caucho do parque infantil de Vioño, onde se substituíu a superficie de xogo para dispor unha nova, co obxectivo de reforzar a seguridade das e dos pequenos, atendendo á erosión e deterioración experimentadas polo caucho, tanto polo seu uso como polo paso do tempo.

As obras que comezaron a inicios deste mes, remataron esta semana. O parque infantil volverá abrir nos vindeiros días unha vez obteña a corresponte certificación. 

Esta intervención, á que o Concello destinou un investimento de case 40.000 euros, forma parte do Plan integral de mellora nos parques infantís establecido polo Goberno de Inés Rey nas áreas infantís dos barrios da cidade, que ao longo deste ano posibilitou actuacións nos espazos de xogo dos Mariñeiros e no Campo da Leña. Tamén na Sardiñeira, onde xa se executaron os traballos de ampliación da área infantil.

Ademais, cómpre lembrar que este ano se abriu á cidadanía o novo parque infantil dos Pelamios, á beira do Paseo Marítimo, en Orillamar, e tamén se licitaron recentemente as obras de construción do novo parque infantil e a pista multideporte da Silva, dúas infraestruturas que estarán situadas preto do centro social do barrio.

A maiores, xa están adxudicadas as obras de ampliación do parque infantil da praza de Avogacía, en Catro Camiños. E, por outra banda, desde finais de agosto están en execución os traballos de remodelación do parque infantil da praza de San Cristovo, a carón da estación intermodal.

Por outra banda, o Concello está a traballar xa na redacción do proxecto para ampliar a superficie e o número de xogos na área infantil do parque de Santa Margarida máis próxima ao acceso pola avenida de Arteixo. A dita ampliación levarase a cabo nos próximos meses.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión