13 de xullo de 2018
Xa está en marcha a segunda quenda da Escola de Verán da OMIC da Coruña, que ten como temática central “Consumo, alimentación e comercio de proximidade”.
Durante dúas semanas 40 nenas e nenos de 4 a 10 anos participarán en actividades didácticas para fomentar actitudes de consumo responsables e promover o comercio de proximidade, contribuindo de maneira directa á economía local e á prevención do cambio climático.
Unha das actividades máis salientable foi a Visita ó Mercado de San Agustín, onde as cativas e cativos fixeron unnha xincana, e mercaron diferentes produtos que despois utilizarán para facer diferentes receitas de cociña. Interactuaron de maneira directa coas praceiras/os e tamén coa clientela habitual para preguntarlle polas vantaxes de consumir no mercado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible