Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas EEUU 2024-25: Publícase a listaxe de persoas admitidas e excluídas

Cando:

15 de decembro de 2023

Na mesma resolución tamén se nomean os integrantes da Comisión de Valoración

Vén de publicarse a Listaxe de persoas admitidas e excluídas no programa Bolsas USA 2024-2025 . Lembramos que a través deste programa, 35 estudantes da cidade poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos, en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión noutra cultura.

Asimesmo, faise pública a Comisión de Valoración, composta por:

  • PRESIDENTE: Alfonso Luis Queijo Rodríguez (Técnico do Servizo de Educación), suplente Fernando José Rodríguez González (Secretario do Concelleiro de Educación e Emprego)
  • SECRETARIA: Jessica Maceiras Gestal (Técnica do Servizo de Educación), suplente Ana Judel Prieto (Técnica do Servizo de Educación).
  • REPRESENTANTE DO SERVIZO DE EDUCACIÓN: Dolores Pardo Pallas (xefa de sección do Servizo de Educación), suplente Susana Vara Bilbao (xefa de departamento do Servizo de Educación
  • REPRESENTANTE DE SERVIZOS SOCIAIS: Cristina Vara Vázquez (xefa de departamento de Acción Social), suplente Rocio Pena Franco (directora da Unidade Técnica de Servicios Sociais)

De agosto de 2024 a xuño de 2025

A estadía en Estados Unidos comeza en agosto de 2024 e finaliza en xuño de 2025, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. As datas de saída e regreso varían en función do estado ou territorio de destino.

O programa inclúe estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país vivindo cunha familia residente, escolarización nun centro educativo dos EEUU (High School), organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa, tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino nos EEUU para cada participante, seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social; validación dos estudos realizados polo alumnado nos EEUU ante a Administración Educativa e asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.

Programa ao que pertence

  • Bolsas EE.UU. 2024-25

    O Concello da Coruña, por medio da Concellaría da Área de Benestar Social da que depende o Servizo de Educación, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas EEUU 2024-2025 - 1.º de bacharelato en EEUU", no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º de ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE UU -equivalente a 1.º de bacharelato- así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Listaxe de persoas admitidas e excluídas no programa Bolsas USA 2024-2025 (264 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión