Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas EE.UU. 2024-25

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría da Área de Benestar Social da que depende o Servizo de Educación, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas EEUU 2024-2025 - 1.º de bacharelato en EEUU", no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º de ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE UU -equivalente a 1.º de bacharelato- así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4.º de ESO durante o curso 2023/24 e que estea en condicións de cursar 1.º de bacharelato durante o curso 2024/25.

Publicación de listaxes definitivas

Ábrese un prazo de cinco días hábiles, que abarcará desde o luns día 26 de febreiro ata o venres día 1 de marzo (ambos incluídos) para que as familias seleccionadas acepten a bolsa. Transcorrido dito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncian á participación no programa. Consulta o Anuncio das listas definitivas de Bolsas EUA - Proposta de resolución definitiva

A aceptación deberá estar asinada por ambos os proxenitores ou titores legais. Despois de asinar o documento da aceptación, deben presentalo a través dos rexistros municipais (presencial ou telematicamente) ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de presentar a documentación por medio dalgún rexistro non municipal, deberase enviar unha copia escaneada do mesmo (co selo do rexistro de entrada) por correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: educacion@coruna.gal, dentro do prazo de aceptación.

Convócase ás familias seleccionadas e ás familias que ocupan os postos 41 a 45 da listaxe de agarda a unha sesión informativa sobre o programa, que se realizará o vindeiro martes 27 de febreiro, en horario de 18.30 a 20.00, no salón de actos do Centro Cívico Municipal dos Mallos. O máximo de persoas que poden asistir por familia son tres (solicitante, máis dous acompañantes designados pola familia).

Cando:

Estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país, vivindo cunha familia residente.

A estadía nos EEUU está prevista que comece en agosto de 2024 e finalice en xuño de 2025 (aprox.), incluídos os períodos escolares de Nadal e Semana Santa.

Inscricións:

Dende o 23/10/2023 ata o 06/11/2023

O prazo de inscrición será de dez días hábiles desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A través desta ligazón, que estará activa a partir do luns 23 de outubro, pódese acceder á inscrición neste programa.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Tel. 981 184 200 Ext. 10120

educacion@coruna.gal

Documentos relacionados

  • Listaxe das persoas beneficiarias da axuda económica complementaria en concepto de “Cartos de preparación da viaxe” (154 KB)
  • Anuncio das listas definitivas das Bolsas EUA- Resolución definitiva (287 KB)
  • Anuncio das listas definitivas de Bolsas EUA - Proposta de resolución definitiva (637 KB)
  • Listaxe de persoas admitidas e excluídas no programa Bolsas USA 2024-2025 (264 KB)
  • Bolsas EEUU: Charlas informativas nos centros cívicos (215 KB)
  • Bases Bolsas EE.UU 2024-2025 (832 KB)
  • BOP: Bolsas EE.UU 2024-2025 (119 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión