Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás bibliotecas 2023-24

Visitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Bibliotecas

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º a 6.º de educación infantil e de 1.º a 6.º de educación primaria de centros educativos do municipio

Horario:

    CONTIDOS DAS VISITAS

    Tanto no ciclo de Educación Infantil como en cada un dos tres ciclos de educación primaria os contidos abordados serán os seguintes:

    1. A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...)
    2. A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
    3. Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, buscas...

    DURACIÓN DAS VISITAS

    Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

    CENTROS ONDE SE OFERTA

    As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL DURÁN LORIGA: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 30 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 20 visitas

    CONDICIÓNS DO PROGRAMA

    1. Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita. Estes contactos serán entre a bibliotecaria municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia acompañar o alumnado á visita. Se despois de realizada a reunión inicial de preparación, se producise algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberá comunicarllo á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá poñerse en contacto coa súa bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.

    2. Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa o profesorado deberá cubrir unha enquisa ao finalizar a visita.

    3. A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle á/ao mestra/o o tipo de acción para realizar. Serán propostas sinxelas como:

    • unha procura de libros sobre unha determinada temática que deberán traer á biblioteca e presentalos o día da visita;
    • a realización dun vídeo sinxelo, unha fotografía, unha breve presentación, unha carta etc. na que se presente a biblioteca escolar ou se destaque algún aspecto singular dela: mobiliario, actividades, espazos, organización etc.

    4. As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios:

    • dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria;
    • buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda;
    • satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) dunha maneira equilibrada.

    5. Para a aceptación das solicitudes tamén se terá en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1, 2 e 3.

    6. As visitas asignaranse á biblioteca de referencia.

    7. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas:

    • Elena Pernas Lázaro
    • e.pernas@coruna.gal
    • Teléf.: 981 184 384

    8. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.

    9. O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.

    Cando:

    Dende o 10/01/2024 ata o 31/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 16/10/2023 ata o 16/11/2023

    Inscrición para os centros

    Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

    Contacto:

    Servizo Municipal de Bibliotecas

    Elena Pernas Lázaro

    e.pernas@coruna.gal

    Teléf.: 981 184 384

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión