Concello da Coruña

Concello da Coruña

Continúa aberto o prazo de inscrición nalgúns dos programas educativos

Cando:

18 de outubro de 2023

As inscricións que permanecen activas son as dos programas Concurso Imaxina, Cinema na escola, Visitas Escolares ás Bibliotecas e Falamos Secundaria

Expirado o prazo común de inscrición nos programas do Plan Coruña Educa, mantéñense abertas as solicitudes para os programas Concurso Imaxina, Visitas Escolares, Visitas Escolares ás Bibliotecas e Falamos Secundaria. Os seus prazos son os seguintes:

  • Cinema na escola: ata o 25 de outubro de 2023
  • Concurso Imaxina: ata o 17 de novembro de 2023
  • Falamos Secundaria: ata o 15 de novembro de 2023
  • Visitas Escolares ás Bibliotecas: ata o 16 de novembro de 2023

Pódese acceder á inscrición a través do Acceso á área privada .

Programa ao que pertence

  • Cinema na escola 2023-24

    Terceira edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...

    Máis información
  • III Concurso Imaxina Coruña 2023-24

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.

    O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

    Máis información
  • Falamos secundaria outono

    O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

    Máis información
  • Visitas escolares ás bibliotecas 2023-24

    Visitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión