A clave estará en deseñar e poñer en marcha un Plan Metropolitano de Transporte que potencie o servizo público, favoreza as limitacións ao uso do vehículo privado, e permita establecer uns adecuados estándares de mobilidade con equilibrio para a cidadanía, independentemente do medio de transporte que empregue.
Posicionamento
- Serán claves: a promoción dos percorridos peonís e ciclables, a intermodalidade e a prevalencia do transporte colectivo público fronte ao vehículo privado
- Serán preferentes: a nova Estación Intermodal e a posta en uso do transporte de proximidade de San Diego. A intermodalidade (uso de máis dun medio de transporte por traxecto e persoa) será clave para reducir as emisións de CO2, tamén a escala metropolitana, o que esixe coordinación para conectar os municipios limítrofes.
- Potenciación do estudo e implementación de liñas de penetración multidireccionais e localización de intercambiadores.
- Coordinación do transporte metropolitano baseado na potenciación do transporte en malla e pola comunicación interparroquial non pendular.
- Convértense nun reto e unha oportunidade para a correcta planificación do transporte público e a mobilidade intermunicipal, ter en conta os calendarios que marcan a fin das concesións do transporte da cidade da Coruña e das liñas de transporte metropolitano.
Obxectivos de acción mancomunada
- As solucións de mobilidade non se deben limitar ao deseño de solucións dixitais de acceso á información. O obxectivo final debe ser conseguir o equilibrio entre tempos de percorrido, calidade do tempo empregado, o consumo de enerxía e a salubridade urbana resultante.
- Categorizar a mobilidade desde a raíz: o tránsito de persoas e o transporte motorizado, comparando o modo e o grao en que cada tipo de circulación inflúe na organización territorial, na distribución espacial do tecido social e no tempo dispoñible para as relacións humanas.
- A mobilidade debe ser pensada para a mellora da vida das persoas desde o uso responsable dos medios de transporte.
- Transitar cara á conformación dunha autoridade única de transporte.
- Proceder á reestruturación de liñas urbanas e metropolitanas.
Plan de acción
- Deseño dun plan metropolitano integral de transporte e mobilidade orientado a resolver os problemas da cidadanía, sustentable, respectuoso co medio e favorecedor do uso do transporte público.
Calendario proposto
- Elaboración dun PMUS metropolitano que contemple a utilización das rías como infraestrutura de transporte, o ferrocarril, o transporte de demanda, os aparcadoiros disuasorios e intercambiadores. Decembro 2017
- Plan de Viabilidade económica e técnica de impacto do ferrocarril no transporte público.
- Negociación coa Xunta de Galicia sobre pregos concesionais do transporte metropolitano.
Actas