18 de xullo de 2017
A inaccesibilidade da zona fíxoo máis complicado aínda se cabe.
Pouco antes das 16 horas do martes 18 de xullo de 2017 recíbense varias chamadas altertando dun incendio forestal no monte Patelo, próximo a unhas naves e ao centro comercial Marineda City.
A inaccesibilidade do monte fai que o incendio colla en poucos miniutos unhas dimensións considerables que alertan aínda máis á poboación, ao estar próximo a dous arteiras da cidade como son a Estrada Baños de Arteixo e a 3ª rolda.
Algúns dos accesos tiveron que ser cortados para o traballo de extinción.
Ao incendio desprazáronse 5 dotacións de bombeiros, 4 da Policía Local, 2 ambulancias, 3 camións das Brigadas de Medio Ambiente pertencentes á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, xunto con 2 dotacións de brigadas forestais, 2 helicópteros contraincendios e técnicos de Unión Fenosa, estes últimos, para ordenar o corte de subministración eléctrica das liñas de media tensión que pasan polo devandito monte.
O incendio afectou a monte baixo e zona de eucalipto nunha área de 3 hectáreas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible