Con esta aplicación, os cidadáns e as cidadás poderán acceder a multitude de servizos municipais dende unha soa app. Entre eles algúns tan demandados como usar os autobuses urbanos (máis información en Millennium QR ) ou as bicicletas públicas. Outros servizos dispoñibles son consultar información en tempo real sobre o tráfico, os horarios e tempos de chegada dos autobuses, actividades culturais, información de recibos, impostos, préstamos bibliotecarios e moito máis. Esta aplicación é unha excelente ferramenta para estar ao día dos servizos municipais e da vida da cidade. Descubre todas as súas características en APP Coruña
Dámosvos a benvida a esta nova experiencia pola cidade da Coruña na que descubriredes, en realidade aumentada, a historia de Emilia Pardo Bazán.
Dámosche a benvida a esta nova experiencia para a cidade da Coruña na que descubrirás, en realidade aumentada, un pouco máis da súa historia a través das mulleres que a fixeron posible.
Circuíto de carreiras populares da cidade da Coruña que promove o deporte entre a cidadanía, fomenta uns hábitos de vida saudables e anima a xente a participar nestes eventos deportivos que cada vez son máis habituais nas nosas rúas.
Aplicación para dispositivos móbiles Android ou IOS para persoas usuarias da Rede de Escolas Infantís Municipais.
A nosa app axúdalles a millóns de persoas condutoras a aforrar diñeiro e tempo, eliminando toda a tensión e a molestia asociada co aparcadoiro en zonas urbanas.
Aparca a túa bici usando o teu móbil. Busca na nosa app o aparcadoiro máis próximo e unha vez alí poderás abrir a porta pulsando un botón na túa app.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible