Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

20.ª edición: Durme no Fórum “Fórum ao revés”

… atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible.

A quién va dirigido:

Infancia

Cuándo:

Desde el 30/11/2024 hasta el 01/12/2024

Inscripciones:

Preinscrición: a partir do xoves 7 de novembro dende as 9.00 ata o venres 8 de novembro ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

Horario:

Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 30 de novembro, no auditorio do Fórum Metropolitano.

Recollida: o domingo 1 de decembro, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).

Dirección:

Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

25 € por participante.

Inclúe: a cea do sábado (tortilla, bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.

Requisitos:

  • Nenas e nenos de entre 6 e 11 anos, nadas/os entre o 2011 e o 2018, que estean a cursar de 1.º a 6.º de educación primaria.
  • Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.
  • Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal, xa que esta actividade non conta con persoal de apoio para necesidades especiais.

Organiza:

IMCE

Contacto:

Moitas son as sorpresas que nos deparará esta versión adaptada das películas Do revés no Fórum. Pasaredes unha boa chea de aventuras para tratar de descubrir todas as emocións que están por aparecer. Personaxes, lugares insólitos, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha xornada divertida e única. Pero, ollo!, xa sabedes que as cousas non son o que semellan! 

Se tes o espírito aventureiro e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...

Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables propostas que as nosas educadoras e os nosos educadores che van propoñer, dunha forma totalmente distinta e disparatada.  

Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas. 

Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

 

Calendario e proceso de inscrición:

Preinscrición: a partir do xoves 7 de novembro dende ás 9.00 ata o venres 8 de novembro ás 20.00 h. Cubrindo este formulario: 

*Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureiros/as que participarán co mesmo número de sorteo.

** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

Publicación de listaxes: o luns 11 de novembro ás 12.00 h.

Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureiros/as prescritos/as. Por favor, en caso de erros avisádenos antes da data do sorteo.

Sorteo: mércores 13 de novembro no Fórum ás 10.00 h.

* Realizamos o sorteo da 20ª Edición de Durme no Fórum. Das 316 solicitudes finais, tras as correccións, o número agraciado foi o 308.

Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 15 de novembro ás 10.00 h.

Ao longo da mañá do 15 de novembro mandaremos correo de confirmación da praza.

Aboamento: do 15 de novembro ata o 18 de novembro antes das 10.00 h

Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán á listaxe da agarda.

Pago da cota:

Con data tope o luns 18 de novembro (ata as 10.00 da mañá) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA). E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".

Por favor, cada pai/nai/titor-a pode aboar o seu aínda que sexan grupos de 4, pero é imprescindible identificar no correo o/a neno/nena.

Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Os/as participantes inscritos/as deberán asistir con:

  • Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Ademais dunha muda polo que poida suceder (braga/calzón, calcetíns, camiseta e pantalón ou malla).
  • Unha botella de auga para encher.
  • Artigos de aseo persoal (cepillo de dentes, pasta e unha toalliña pequena para lavar e secar a cara, e se queren algo para peitearse ;) ).
  • Un saco de durmir.
  • Preferiblemente unha esteira (se non é posible, o Fórum dispón dalgunhas esteiras e dun tatami).

Documentos relacionados

  • Listaxe de preinscrición durme no fórum (623 KB)
  • Listaxe de admitidos/as e listaxe de agarda Durme no Fórum (770 KB)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión