O servizo de información e atención telefónica ao cidadán - Teléfono 010 - ten por misión ser a porta de acceso á satisfacción eficiente da demanda cidadá respecto da información sobre a cidade e os seus servizos, así como á realización de trámites municipais. polas diferentes canles ao seu alcance, coa vocación de que o modelo de atención desenvolvido sexa un referente na contorna pública.
Este servizo trata de avanzar na mellora das funcións municipais ofrecendo a posibilidade de realizar xestións sen necesidade de desprazamentos, con tres obxectivos estratéxicos:
Compono un equipo de traballo dinámico, cunha linguaxe clara e personalizada, disposto a facilitarlle información e trámites administrativos.
Chamada sen custo para as persoas usuarias
Se comproba que o seu operador de telefonía lle aplica algún cargo na súa facturación pola utilización deste servizo, diríxase a el para presentar a oportuna reclamación. O Concello é totalmente alleo a esa actuación.
Para maior información
O 010 ten vocación de globalidade polo que o descoñecemento da resposta dunha solicitude de información cidadá dará lugar a un proceso de procura para resolver a dúbida.
Información xeral sobre:
Trámites municipais:
Marcando o 010 - soamente desde a cidade da Coruña -
Marcando o 981 184 278 - para chamadas efectuadas fóra do termo municipal -
Desde o seu computador ou dispositivo móbil
Está dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que facilita a comunicación entre persoas xordas e oíntes
Consulta se o desexas máis información sobre o Servizo de atención telefónica 010
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible