Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ando na Coruña: A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación

A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación é a terceira actividade dentro do Programa Ando na Coruña do ano 2024. Alfredo Vigo Trasancos é un recoñecido especialista en temas de arquitectura e urbanismo, especialmente do século XVIII e particularmente do Barroco e a Ilustración. Da súa man, coñeceremos algunhas das construcións residenciais que se edificaron na Coruña no século XVIII e que lle deron á cidade unha imaxe absolutamente innovadora.

A quién va dirigido:

Personas adultas

Cuándo:

Los días 18/09/2024 a las 18:00 , 09/10/2024 a las 18:00 , 06/11/2024 a las 18:00

Inscripciones:

Desde el 11/09/2024 hasta el 18/09/2024

Require inscrición previa

Dirección:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de plazas:

20

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Primeira sesión: introdución e presentación  (18 de setembro)

Nesta primeira sesión entrégase aos participantes un completo dossier con bibliografía e textos seleccionados.

Alfredo Vigo Trasancos realizará unha presentación e contextualización do marco histórico da Coruña no século XVIII, mediante unha conferencia apoiada dunha presentación en power point.

A continuación, empezará co estudio individual de cada casa. Os edificios que se van analizar serán:

  • Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras)
  • Casa Cornide
  • Casas de Paredes
  • Antiga Aduana (actual subdelegación do Goberno)
  • Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo)
  • Capitanía

Segunda sesión: continuidade (9 de outubro)

Nesta sesión remátase a exposición sobre as mansións, dedicándose o resto do tempo para que as persoas participantes poidan intervir, unha vez lidos os textos do dossier, e expoñer as súas dúbidas e observacións.

Terceira sesión: visita guiada (6 de novembro)

A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada polos edificios estudados anteriormente: Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras), Casa Cornide,    Casas de Paredes, Antiga Aduana (actual subdelegación do Goberno), Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo) e Capitanía.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión