Espectáculos para público de 1 a 3 anos.
Espectáculos para público de 1 a 3 anos.
Para público en xeral, Familias
Dende o 11/09/2016 ata o 11/12/2016, os domingos
Xa rematou
11.30 e 13.00 h.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).
Menores de 3 anos: 2,00 €
Capacidade reducida
Todas as experiencias vividas nos primeiros anos de vida son fundamentais para calquera ser humano e por iso, o paso por esta clase de vivencias aposta por investir no futuro formando unha persoa diferente, nun sentido individual e social. Desexamos que eles poidan gozar xunto cos seus familiares e adultos acompañantes dunha experiencia única.
Espectáculos representados por actores, músicos, bailaríns e outros profesionais expertos en primeira infancia, onde todo é posible sobre o escenario: as ilusións ópticas, os estados de equilibrio inexplicables, as danzas raras, as voces suxerentes, os obxectos estraños que aparecen desde os lugares máis insospeitados ... Nun momento onde aínda se están formando os sentidos, é marabilloso (en sentido literal) descubrir que as pingas de auga fan un ruído característico ou distorsionan unha imaxe, que a area é suave ou que a man de calquera esconde un caracol (que llelo pregunten aos dedos índice e maimiño). Polo tanto, se algo ensina o teatro para bebés é que non só de palabras se alimentan os humanos, en especial os máis pequenos.
Un ciclo para nenos e nenas de 1 a 3 anos en Ágora que complementa a Programación de Todo Público que coma sempre será no Fórum Metropolitano. As obras seleccionadas para ambos ciclos son un bo reflexo da boa saúde do teatro para a infancia.
Facemos unha programación de artes escénicas para o público máis pequeno coa finalidade de:
A oferta deste outono componse de 7 espectáculos
Programa completo:
11 de setembro - Zapatos, CARAMUXO TEATRO
25 de setembro - 4 tempos, TEATRO DO MIOLO PRODUCIÓNS
16 de outubro - O comenoites, SUEÑOS DE HUMO
30 de outubro - Río de la Luna, DATEDANZA
6 de novembro - Sin palabras (se las llevó el aire...), LASAL
27 de novembro - Olas, TELONCILLO
11 de decembro - De agua y barro, QUASAR
VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible