Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBESCENA outono 2024

As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan mostrar interese en repetir a experiencia. A emoción que emanan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/09/2024 ata o 15/12/2024

Horario:

11.30 e 13.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

  • Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurar a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • As entradas non permiten cambios nin devolucións, polo que che suxerimos revisar todos os detalles do evento antes de realizar a compra.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

Documentos:

Bebescena-RRSS-outono-2024.pdf (1 MB)

As obras para espectadores tan novos reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre o escenario e o público, o que fai que o patio de butacas se transforme nunha zona próxima ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rixidez e dunha maneira máis acorde á súa anatomía, á beira das súas familias. O segundo requisito é a duración, que varía entre 30 e 45 minutos, que é o tempo no que a atención dun bebé pode concentrarse na actividade.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte." (ASSITEJ España. Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude).

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Pagamento: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

Máis información:  www.coruna.gal/cultura

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión