Durante este campamento de Nadal viviremos en primeira persoa un desembarco viquingo na Coruña, que chegará para conquistar a nosa cidade.
Nenas e nenos nacidas/os entre 2009 e 2017, agrupados por idades.
Número de prazas por centro: 165 nenas/os, distribuídos en 9 grupos por idades.
Os grupos serán de entre 10 e 12 participantes (pendentes das instrucións que a Xunta de Galicia poida cambiar ao respecto).
Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.
No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.
Infancia
Dende o 22/12/2021 ata o 07/01/2022
No Fórum Metropolitano ou no Centro Ágora.
Os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro do 2021 e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro do 2022.
Xa rematou
De 10.00 a 14.00 h
Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.
Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar:
Opción A: de 10.00 a 14.30 h
Opción B: de 9.00 a 14.00 h
Opción C: de 9.00 a 14.30 h
Opción D: de 8.30 a 14.00 h
Opción E: de 8.30 a 14.30 h.
As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.
Só campamento: 35,00 €
Para as opcións con ampliación horaria:
Opción A: 38,00 €
Opción B: 40,00 €
Opción C: 42,50 €
Opción D: 42,50 €
Opción E: 45,00 €
Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.
INSCRICIÓN
Os días 1, 2 e 3 de decembro, mediante inscrición directa a través do formulario, que tamén se pode atopar na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura, até cubrir as prazas.
Todo o proceso será telemático.
Unha vez cuberto o formulario, recibirá a confirmación da praza, pendente de que vostede realice o ingreso correspondente no seguinte número de conta: ES81 2080 0380 6230 4000 5657 e nos envíe o xustificante de telo feito ao seguinte enderezo de correo electrónico: forumagora@serviplus.org (terán de prazo ata o 8 de decembro).
A partir do día 9 de decembro, ofertaranse as prazas libres.
REUNIÓN INFORMATIVA
Por mor da situación sanitaria actual, non haberá reunión informativa presencial coma outros anos. Toda a información relacionada co funcionamento do campamento será enviada por correo electrónico ao enderezo desde o que se realiza a inscrición, dous días antes do comezo do dito campamento.
Se precisan máis información poden solicitala:
NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19
(ver Protocolo)
Será un campamento no que aprenderemos moito sobre os costumes e a forma de vivir do pobo viquingo, a través de diferentes actividades e xogos.
Pero non só nos quedaremos niso, senón que a maiores traballaremos aspectos relacionados coa diversidade, a tolerancia ou a igualdade. Desta maneira, coñeceremos como era a vida na época viquinga e como cambiou ata chegar ao que coñecemos hoxe en día.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible