Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "Realidades invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuír a paliar os retos que ten a nosa sociedade, todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Todos os públicos
Para público en xeral
09/03/2020
Entrada libre ata completar a capacidadeXa rematou
de 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
ODS núm. 3: Garantir unha vida sana e promover o benestar para todos e todas as idades.
Charla sobre a xestión do tempo para persoas coidadoras e como organizarse mellor
Os obxectivos desta serán:
.: Analizar o uso do tempo
.: Identificar as necesidades non satisfeitas e a súa relación co uso do tempo
.: Promover un uso equilibrado do tempo que inclúa actividades propias
.: Realizar un plan persoal de uso do tempo.
A charla será a cargo de María Hervada Caamaño, técnica de Igualdade na Fundación Mujeres. Realizou formación complementaria en xénero e participou en numerosas xornadas e cursos en materia de xénero e igualdade.
Conta cunha longa traxectoria no desenvolvemento de diversas actividades: - Asistencia técnica para aplicar perspectiva de xénero a proxectos europeos. - Formación en materia de igualdade de oportunidades e integración do enfoque de xénero a persoal técnico de administracións públicas e equipos directivos de empresas. - Elaboración de materiais monográficos sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na xestión de recursos humanos nas organizacións laborais.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible