Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charla sobre a morte perinatal

O 15 de outubro é o Día Internacional do Dó Perinatal

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

13/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O próximo xoves 13 de outubro ás 19 h. acolleremos na Biblioteca Fórum Metropolitano unha charla sobre a morte perinetal.  Coincidindo co Día Internacional do Dó Perinatal, a xornalista coruñesa Luisa López presentará "Mi bebé estrella. Una historia de muerte perinatal", editado por Hércules de Ediciones. O libro supón unha reflexión desde a súa propia experiencia sobre a superación persoal e o poder transformador do dó «co obxectivo de dar voz ás familias que pasaron pola mesma situación».

Ademais, a publicación ten unha vertente solidaria, xa que os beneficios da autora derivados da súa venda irán integramente destinados á ONG Fundación Tierra de Hombres.

Participan:

  • Luisa López Gutiérrez (Escritora)
  • Laura Rodríguez Herrera (Hércules Ediciones)
  • Raúl Besada (Fundación Tierra de Hombres)
  • Alejandro Ávila (Hospital Teresa Herrera)

Libro: Mi bebé estrella. Una historia de muerte perinatal

«Síntoo, non hai latexo».

Unhas palabras que cambiaron a vida dunha familia que esperaba con amor a chegada do seu fillo Miguel na recta final dun embarazo feliz. "Mi bebé estrella" é un canto á vida, contado a través dos ollos de Luisa, unha mamá en duelo á que a vida lle ha arrebatado o máis prezado, o seu bebé.

Este libro proporciona un halo de esperanza, pero tamén alude ao poder transformador do dó, que chega a maior parte das veces cando uno menos o espera, arrasando con todo o que atopa ao seu paso. A autora combina a súa historia persoal con consellos sobre esa maternidade tan peculiar que lle tocou vivir, e que sen dúbida axudarán a outras mamás na mesma situación.

"Mi bebé estrella" fala de superación persoal en tempos de duelo, e pon voz a tantas mamás e familias que viven coa ansiedade e a tristeza de coñecer e dicir adeus aos seus fillos nun mesmo suspiro.

Autora: Luisa López Gutiérrez

Luisa López Gutiérrez é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse nos últimos anos en comunicación empresarial, asesorando a numerosas entidades desde a súa empresa Lelouise Comunicación. Na actualidade, colabora como tertuliana radiofónica e compaxina o seu traballo de xornalista co voluntariado en diferentes oenegués.

O 24 de xaneiro de 2019 a súa vida deu un envorco cando lle dixeron que o seu fillo Miguel, de 8 meses de xestación, falecera antes de nacer. A partir de aí, a vida de Luisa cambia e o seu espírito inquieto céntrase en investigar e divulgar sobre morte perinatal no seu propio blogue, desde onde conecta con nais en dó de todo o mundo. Ela define o que pasou neste tempo como "o maior acto de amor que xamais imaxinase". A súa vida cambaleouse nese momento e decidiu contar como afrontou o reto de vivir con ilusión e optimismo o seu día a día.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión