Comezamos tempada nada menos que con La Cubana
Para público en xeral
Dende o 19/09/2019 ata o 22/09/2019
Xa rematou
Día 19: 20.30 h
Día 20: 18.00 e 22.00 h
Día 21: 18.00 e 22.00 h
Día 22: 19.00 h
*(As funcións dos días 20 e 21 ás 22 h son as que entran nos abonos)
120 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
35'00, 30'00, 26'00, 20'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 20%; familias numerosas: -25%)
Adiós Arturo fala do mesmo de sempre, de teatro. Do teatro que facemos na nosa vida cotiá; o teatro que hai na rúa, nos mercados, nos nosos traballos, na familia, coas nosas amizades e, como non, tamén socialmente, onde despregamos os nosos dotes interpretativos en toda clase de actos, "paripés", festas, vodas, bautizos, comuñóns e enterros.
A partir da morte aos 101 anos de idade do polifacético artista internacional Arturo Cirera Mompou, nacido na Coruña en 1917, o público coñecerá o verdadeiro guión da vida deste coñecidísimo escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director coruñés.
Adiós Arturo é un canto á vida e de como vivila intensamente. Unha comedia tola, con toques "surreais" que, coma sempre, estará aderezada coas cousas que nos caracterizan e ao máis puro estilo La Cubana: coa participación do público, sorpresas, música e moito humor.
Con Jaume Baucis; Xavi Tena; Toni Torres; Nuria Benet; Alex González; Babeth Ripoll; Montse Amat; Toni Sans; Edu Ferrés; Virginia Melgar
Autoría, guión e dirección: Jordi Milán
Compañía: La Cubana
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-adios-arturo-de-la-cubana-teatro-rosalia-castro/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible