De Rubem Fonseca
Para público en xeral
Dende o 08/11/2019 ata o 09/11/2019
Xa rematou
20.30 h
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñécense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous están casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente. É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasía do cinema e as obrigas conxugais desenvónlvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as súas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluír nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, críase.
Con María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio
Dirección: Quico Cadaval
Producións Teatrais Excénticas
*Venda de entradas a partir do 9 de setembro
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible