De Ernesto Caballero
Para público en xeral
Dende o 22/09/2017 ata o 23/09/2017
Xa rematou
20.30 h
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
"Nun futuro non moi afastado a crise financeira que sacode Europa obriga o Estado español a desprenderse do seu patrimonio artístico. Ante a posibilidade da venda das Meninas, unha afamada monxa copista recibe o encargo de realizar unha réplica exacta do orixinal velazqueño. A partir dese momento, a relixiosa vaise ver atrapada nunha encrucillada de intereses de diversa índole, á vez que sufrirá unha repentina transformación da súa personalidade cando a humilde artesá do pincel inopinadamente se converta nunha recoñecida figura das artes plásticas e nunha estrela mediática.
"L autora de Las Meninas" é unha sátira distópica na que se aborda o lugar que debe ocupar a arte na sociedade, así como o controvertible concepto do benestar social. A obra, igualmente, desprega unha mirada irónica sobre o ensimesmamento ególatra de boa parte da creación máis vangardista e comprometida dos últimos anos, así como sobre a banalización da experiencia artística convertida en multitudinario acontecemento mediático en sintonía cos grandes parques temáticos de entretemento de masas.
O autor quere compartir o interese con que contempla as sorprendentes realidades que está a xerar a democratización indiscriminada en todos os ámbitos do quefacer cultural; o derrube das autoritas referidas á arte e ao saber, o advenimento, en fin, dun novo paradigma que sitúa e equipara no mesmo canon unha arraigada tonadilla local con, poñamos por caso, o Réquiem de Mozart".
Ernesto Caballero
Con Carmen Machi, Mireia Aixalà, Francisco Reyes
Autor e director: Ernesto Caballero
Coprodución de Focus, Centro Dramático Nacional - INAEM
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible