De Roland Schimmelpfenning
Para público en xeral
Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala.
Pídese puntualidade.
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20 % para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas. Do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida tailandés-chinés-vietnamita O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.
No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita o seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas atopa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a fábula da cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á formiga que lle dea de comer.
Con Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación: Catuxa López Pato
Sarabela Teatro
*Venda de entradas soltas a partir do 6 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible