De Limiar Teatro
Para público en xeral
22/12/2019
Xa rematou
20.30 h
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
"COMEDIA DE AUTOFICCIÓN DOCUMENTAL TRANSDISCIPLINAR E INTERXENERACIONAL PARA ESPECIES DE ESPACIOS E PÚBLICO CON OU SEN MEMORIA."
A memoria é un arma que se dispara sen querer. Recordamos, esquecemos.
A memoria é múltiple, é diversa. Nada hai máis democrático e tirano que a memoria. Memoria individual, íntima, secreta, memoria colectiva. A memoria é un espello que non deixa ver o presente pero proxecta o noso futuro. Hoxe é memoria do mañá, futuro do onte. Somos produto dun espazo, dun tempo, dunha memoria.
O ser humano ten loitado dende sempre por controlar o espazo, por reconstruír a memoria... pero o tempo escapa entre os seus dedos.
España, Italia e Portugal compartimos memoria do exilio, da emigración, e aínda así hoxe esforzámonos por esquecela fronte a outros exilios, outras migracións. Mudamos o Atlántico por outros mares e os Pirineos ou os Alpes por outros montes, pero a historia é a mesma. Muda a época, mudan as persoas pero a historia repítese. Dicíanos un familiar que o mundo estaba dividido en dous: os fodidos e os que foden. Non lembramos que estivemos dun lado. Lembramos que estamos no outro? Que lle contaremos ás nosas netas cando pregunten que pasou, cando pregunten por que? Todas as persoas somos fillas, nais, irmáns de emigrantes, pero esquecemos quen fomos. Non sabemos quen somos e temos medo do que seremos. Non deixamos o noso país por vontade propia. Sabémolo. Elas tampouco.
Equipo de creación en escena que variará ao longo do proxecto, composto por 6 persoas o máis que poden non ser actrices ou actores, integrado entre outras persoas por:
Manuel Coelho (Teatro Nacional Dona María II de Lisboa)
Cristian Palacios e Paula Busca (Compañía Nacional de Fósforos de Arxentina)
Juan Caputo (Festival de Bahia Blanca en Arxentina)
Magdalena e Martina Fernández (ECIE de Uruguai)
Karol Nurza (Boccaccione Brasil)
Magda Henriques e Luis Filipe Silva (Comedias do Minho de Portugal)
Brais Iriarte e Fran Núñez (Limiar Teatro).
Dirección e dramaturxia: Fran Núñez
Limiar Teatro Limiar Teatro e Crémilo, en coprodución con Centro Dramático Galego (Galicia), Teatro Nacional Dona María II de Lisboa, Comedias do Minho (Portugal), Compañía Nacional de Fósforos de Bos Aires (Arxentina) e ECIE de San José (Uruguai).
*Venda de entradas a partir do 9 de setembro
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible